Solna é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo, situado xusto ao norte do centro da cidade de Estocolmo. A súa capital é Solna e a meirande parte das densamente poboadas áreas do concello forman parte da área urbana de Estocolmo, coa excepción de Sörentorp (coa antiga academia de policía) que no ano 2015 separouse de Estocolmo e incluíuse na agolomeración urbana de Upplands Väsby e Sollentuna.

Solna é o terceiro concello máis pequeno de Suecia en extensión, cunha superficie de tan só 20 km². En termos de poboación Solna é o 27º municipio máis grande do país, con 84 620 habitantes en 2022.

O municipio de Solna está no sur do landskap de Uppland. Ao sueste, sur e suroeste limita co concello de Estocolmo, ao oeste co de Sundbyberg, ao noroeste co de Sollentuna e ao nordés co municipio de Danderyd, todos eles no condado de Estocolmo.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo