As Oriónidas son unha chuvia de meteoros de actividade moderada. A súa actividade esténdese entre o 2 de outubro e o 7 de novembro. O máximo ten lugar o 21 de outubro con THZ 23.

Características Son meteoros de velocidade alta que radian da constelación de Orión. A súa declinación (+16 º) próxima ao Ecuador Celeste permite a súa observación dende todo o globo.

O corpo proxenitor das Oriónidas é o cometa 1P/Halley. Un dos cometas máis coñecidos, que pasou por última vez preto da Terra en 1986. Este cometa periódico dá lugar a outra chuvia de meteoros de actividade moderada, as Eta Acuáridas, que teñen lugar cada ano no mes de maio.

Véxase tamén Chuvia de meteoros Cometa Halley Lista de chuvias de meteoros

Categoría:Meteoros