António Carvalho de Silva Porto, nado o 11 de novembro de 1850 e finado o 1 de xuño de 1893, foi un pintor naturalista portugués.

Traxectoria Nado no Porto, estudou alí con João António Correia e Tadeu de Almeida Furtado, para logo continuar os seus estudos en París e Roma.

Estando en París expuxo a súa obra no Salón e na Exposición Universal de 1878. En París, estudou co seu amigo João Marques de Oliveira, onde foron alumnos de Adolphe Yvon e Alexandre Cabanel . Fixéronse seguidores da escola naturalista de Barbizon e trouxeron a nova escola de pintura a Portugal, cando regresaron en 1879.

Silva Porto converteuse nun dos pintores naturalistas máis aclamados da súa xeración, mostrando a herdanza de Jean-Baptiste-Camille Corot e Charles-François Daubigny. Ás veces pódense atopar efectos do impresionismo nas súas pinturas.

Morreu aos corenta e tres anos, en 1893, en Lisboa. A súa obra está representada no Museo do Chiado, en Lisboa, e no Museo Nacional Soares dos Reis, no Porto.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Seis séculos de Pintura Portuguesa, catalogo da Universidade de Coimbra

Categoría:Alumnos da Universidade do Porto Categoría:Finados en 1893 Categoría:Nados en 1850 Categoría:Pintores de Portugal