Gnosjö é un concello sueco (kommun) do condado de Jönköping. A súa capital é o núcleo urbano de Gnosjö. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 9 131 habitantes.

O concello é coñecido polo Gnosjöandan (o espírito de Gnosjö) e forma parte da rexión GGVV, máis coñecida como Gnosjöregionen.

Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Gnosjö, Kulltorp (parte), Källeryd, Kävsjö e Åsenhöga. Nestas parroquias fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.

Coa reforma municipal de 1952 fundouse o gran concello de Gnosjö a partir dos municipios de Gnosjö, Källeryd, Kävsjö e Åsenhöga, así como dunha parte do de Kulltorp.

O concello de Gnosjö naceu coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do municipio rural de Gnosjö.

Dende a súa fundación ata o ano 2005 o concello pertenceu ao partido xudicial de Värnamo e dende entón pertence ao de Jönköping.

Xeografía O concello de Gnosjö atópase no oeste do condado de Jönköping e limita ao norte e ao oeste co municipio de Gislaved, ao leste co de Vaggeryd e ao sur co de Värnamo, todos eles en Jönköping.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Jönköping