miniatura|Situación das células xustaglomerulares xunto a arteriola aferente. miniatura|Esquema dun glomérulo renal. As células xustaglomerulares identifícanse co número 6. A – Glomérulo B – Túbulo contornado proximal C – Túbulo contornado distal D – Aparato xustaglomerular 1. Membrana basal glomerular 2. Capa parietal da cápsula de Bowman 3. Capa visceral da cápsula de Bowman 3a. Pedicelos (procesos pediculados dos podocitos) 3b. Podocito 4. Espazo de Bowman 5a. Mesanxio – célula intraglomerular 5b. Mesanxio – célula extraglomerular 6. Células xustaglomerulares 7. Mácula densa 8. Miocitos (músculo liso) 9. Arteriola aferente 10. Capilares glomerulares 11. Arteriola eferente As células xustaglomerulares, tamén chamadas células granulares do ril, son un tipo de células especializadas que se atopan nos riles. Teñen a función de sintetizar, almacenar e segregar renina. A renina é un encima que forma parte do sistema renina-anxiotensina-aldosterona e exerce importantes funcións na regulación da presión arterial, o volume extracelular e a concentración de sodio e potasio no sangue. As células xustaglomerulares, xunto coa mácula densa forman a estrutura denominada aparato xustaglomerular.Bases de la fisiología. Autores: Meritxell López, Beatriz Gal Iglesias. Editorial Tebar. Consultado o 31 de agosto de 2018. miniatura|centro|400px
Función
As células xustaglomerulares segregan renina en resposta a tres tipos de estímulos: Descenso da presión arterial da arteriola aferente. Estimulación do sistema simpático mediada por receptores adrenérxicos beta-1. Variacións na cantidade de NaCl que chega ao túbulo contorneado distal, detectadas polas células da mácula densa.
Tumor de células xustaglomerulares
O tumor de células xustaglomerulares, tamén chamado reninoma, é un raro tipo de tumor renal que se caracteriza pola produción de elevadas cantidades de renina, polo que provoca hipertensión arterial. Tumor de células yuxtaglomerulares como causa de hipertensión curable: presentación de un caso. Nefrologia (Madr.) 2015;35:110-4 | doi: 10.3265/Nefrologia.pre2014.Sep.12623. Consultado o 31 de agosto de 2018.
Notas
Categoría:Fisioloxía Categoría:Histoloxía