Alexandre Le Roy, C.S.Sp., nado en Saint-Senier-de-Beuvron, no departamento de Mancha o 19 de xaneiro de 1854 e finado en París o 21 de abril de 1938, foi un relixioso espiritano e arcebispo católico latino francés, vigairo apostólico de Gabón de 1892 a 1896, antes de ser elixido superior xeral da súa congregación.
Traxectoria Naceu nunha familia de granxeiros formada por Jean Le Roy e Victoire Grezel, en Saint-Senier-de-Beuvron (Normandía), o 19 de xaneiro de 1854. Logo de pasar polo seminario de Coutances, foi ordenado sacerdote da Congregación do Espírito Santo o 10 de agosto de 1876. En 1877 foi enviado a Reunión como profesor, e en 1881 viaxou por vez primeira a África, nunha viaxe misioneira por Tanzania.
O 3 de xullo de 1892 foi nomeado vigairo apostólico de Gabón e bispo titular de Alinda. Recibiu a consagración episcopal o 9 de outubro do mesmo ano de mans do bispo de Coutances Abel-Anastase Germain. Como vigairo apostólico foi en contra da política colonial de asimilación dos nativos, ensinando o catecismo aos nenos na súa propia lingua no canto de ensinarlles francés; durante o seu exercicio fundou novas misións no interior de Gabón e fixo unha intensa labor catequética.
O 24 de maio de 1896 foi elixido superior xeral da Congregación do Espírito Santo, cargo que mantivo durante trinta anos, até o 18 de xuño de 1926. Durante ese período foi elevado á dignidade de arcebispo, co título de arcebispo titular de Caria, o 13 de maio de 1921.Noutras obras () indícase o 13 de maio.
Foi membro de varias sociedades académicas, como a Sociedade de Xeografía entre 1906 e 1938, a sociedade Les Amis de l’Éléphant entre 1905 e 1910, e membro titular da primeira sección da Academia de Ciencias de Ultramar dende a súa fundación en 1922 até 1938. Finou en París o 21 de abril de 1938.
Obra
Notas
Categoría:Nados en 1854 Categoría:Nados no departamento de Mancha Categoría:Finados en 1938 Categoría:Relixiosos católicos de Francia Categoría:Espiritanos Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Arcebispos católicos de Francia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina