A noiteA noite (en ) é un filme franco-italiano de 1961 dirixido por Michelangelo Antonioni e protagonizado por Marcello Mastroianni, Jeanne Moreau e Monica Vitti (con Umberto Eco nun cameo). Foi rodado en Milán, e o filme conta a historia da relación entre un novelista desilusionado e a súa esposa frustrada. O filme continúa a tradición de Antonioni de abandonar a narración tradicional en favor da composición visual.

Recadou 470 millóns de liras e recibiu a aclamación da crítica pola súa exploración de temas modernistas como o illamento. A noite gañou o Oso de Ouro na 11ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, e tamén o Premio David di Donatello ao mellor director en 1961. A noite é considerado o filme central da triloxía que con L'avventura (1960) e rematou con L'eclisse (1962).

Personaxes Marcello Mastroianni como Giovanni Pontano Jeanne Moreau como Lidia Monica Vitti como Valentina Gherardini Bernhard Wicki como Tommaso Garani Maria Pia Luzi como convidado Rosy Mazzacurati como Resy Guido A. Marsan como Fanti Vincenzo Corbella como Mr. Gherardini Ugo Fortunati como Cesarino Gitt Magrini como Signora Gherardini Giorgio Negro como Roberto Roberta Speroni como Beatrice

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 34ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 1961 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Michelangelo Antonioni Categoría:Filmes gañadores do Oso de Ouro Categoría:Filmes ambientados en Milán Categoría:Filmes rodados en Milán Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes de 1961 con versión en galego