Luke David Maye, nado o 7 de marzo de 1997 en Cary, Carolina do Norte, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Covirán Granada da Liga ACB.

Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2019, Maye asinou cos Milwaukee Bucks para xogar a Liga de Verán da NBA. O 14 de outubro de 2019, Maye foi cortado polos Bucks, pero foi asignado ós Wisconsin Herd, afiliado dos Bucks na NBA G League.

O 18 de xullo de 2020, Maye asinou por unha tempada co Dolomiti Energia Trento da Lega Basket Serie A italiana. Maye acadou 11.6 puntos, 6 rebotes, e 1.3 asistencias por encontro.

O 23 de xullo de 2021, Maye asinou un contrato por dúas tempadas co Bàsquet Manresa da Liga ACB.

O 31 de xullo de 2022, Maye asinou por unha tempada co Fundación CB Granada da Liga ACB.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Carolina do Norte Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Aquila Basket Trento Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do Fundación CB Granada