Galeichthys é un xénero de peixes actinopterixios da orde dos siluriformes, familia dos aríidos, que é o tipo (e o único) da subfamilia dos galeictiinos.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1840 polo zoólogo francés, especializado en ictioloxía, Achille Valenciennes.Galeichthys Valenciennes, 1840 no WoRMS. Consultado o 24 de agosto de 202.
Sinónimo Ademais de polo seu nome válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo: Galeichtys (erro ortográfico)
Especies Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes catro especies: Galeichthys ater Castelnau, 1861 Galeichthys feliceps Valenciennes, 1840 Galeichthys peruvianus Lütken, 1874 Galeichthys trowi Kulongowski, 2010
Hábitat e distribución As catro especias son predominantemente mariñas e están distribuídas polas costas do sueste do océano Atlántico, do sueste do océano Pacífico e polo océano Índico.genus Galeichthys en FishBase.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World (4ª ed.) Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9.
Outros artigos Siluriformes Pimelódidos
Categoría:Siluriformes