O Royal Olympic Club de Charleroi, é un club de fútbol belga da cidade de Charleroi. Dende 2019 milita na División Nacional 1 de Bélxica, a terceira categoría do fútbol belga.

Historia Foi fundado en 1911 como Caroloregian Lodelinsart Club Olympique, cambiando o seu nome ao ano seguinte polo de Olympic Club de Charleroi, e foi rexistrado en 1913 na Real Federación Belga de Fútbol. Entre 1972 e 1982 o club chamouse R.O.C. de Montignies-sur-Sambre antes de recuperar o seu nome anterior. En 2000 o club fusionouse co RA Marchienne e cambiou o seu nome a Royal Olympic Club de Charleroi-Marchienne, pero volveu ao seu nome histórico en 2016. Finalmente, en 2019, o club fusionouse co Royal Châtelet SC.

O Olympic de Charleroi debutou na Segunda División belga en 1936 e proclamouse campión ese mesmo ano, logrando o ascenso á Primeira División. Militou na máxima categoría ata 1963 (agás na tempada 1955/56), quedando terceiro en 1939 e subcampión en 1947. Dende 1963 ata comezos da década de 1980 xogou principalmente na segunda categoría, ata que en 1981 caeu á terceira, na que xogou a maioría de tempadas dende entón.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial

Categoría:Equipos de fútbol de Bélxica