Aina Fullana Llull, nada en Manacor en 1997, é unha filóloga e escritora mallorquina.
Traxectoria Licenciada en Lingua e Literatura Catalás pola Universidade das Illas Baleares, exerceu como profesora de catalán para adultos. Estudou un posgrao de corrección e asesoramento lingüístico (UAB) e un de ensino de catalán para adultos (UVic).
En 2018 gañou o Premio de Relatos de Mulleres polo relato Salada i Salvada. A súa primeira novela Els dies bons, que trata o tema da drogodependencia, foi galardoada co Premio Valencia en 2021 e co Premio da Crítica de Escritores Valencianos na categoría de narrativa en 2022. Publicou relatos en revistas como Núvol e Morlanda.
En agosto de 2022 participou en Un verán en Galeusca, un proxecto impulsado, por cuarto ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario co relato O veleiro.
Obras
Els dies bons (2021). Os bos días. Bromera.
Premios
2021: Premio Valencia 2021 na categoría de narrativa en valenciano por Els dies bons. 2022: Premio de Crítica de Escritores Valencianos na categoría de narrativa por Els dies bons. Notas
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Mallorca Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Profesores da lingua catalá