O Club Olympique de Roubaix-Tourcoing foi un club de fútbol francés, con sede na cidade de Roubaix. O equipo foi fundado en 1945 pola fusión de tres clubs xa existentes: Excelsior AC Roubaix, RC Roubaix e US Tourcoing. Na tempada 1946/47, o club proclamouse campión da División Nationale, a liga de máximo nivel do fútbol francés. Máis tarde descendeu a categorías inferiores e en 1970 cambiou o seu nome polo de Excelsior Athlétic Club de Roubaix. En 1977 fusionouse co Sporting Club Roubaisien, pasando a chamarse Roubaix Football, e en 1990 pasou por unha nova fusión, dando lugar ao Stade Club Olympique Roubaix 59.
Adestradores
Palmarés
Division Nationale (1): 1946/47.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio de fans Historia
Categoría:Equipos de fútbol de Francia