As Cortes de Alabama (en inglés, Alabama Legislature) é a institución que ostenta o poder lexislativo no estado de Alabama nos Estados Unidos. As súas facultades están determinadas polo artigo 3 e 4 da constitución de Alabama de 1901. A súa sede está na Casa do Estado de Alabama, na capital do estado, Montgomery.
miniatura|Selo de Alabama|esquerda|200x200px Composición A sección 44 da Constitución de Alabama de 1901 establece que as Cortes están compostas por dúas cámaras:
A Cámara de Representantes conformado por 105 membros. O Senado integrado por 35 membros e presidido polo tenente gobernador, aínda que entre os seus integrantes se escolle a un presidente para as sesións das que se ausente o tenente gobernador.
Ambas cámaras renóvanse na súa totalidade cada catro anos. Procedemento lexislativo Un membro da calquera das cámara pode presentar unha proposta de lei. Na súa primeira lectura, dáse a coñecer o título do proxecto e asígnase a un comité. Nel é valorada e unha vez feito, de continuar co proceso, o proxecto é remitido ao pleno da cámara. A cámara debate nunha sesión o proxecto de lei, e unha vez discutida é votada polos membros. No caso de ser aprobada, pasa á outra cámara da Lexislatura para a súa consideración e votación.
Unha vez aprobada polas cámaras, o proxecto de lei é remitido ao gobernador que pode rexeitala (vetala) ou aprobala (asinala). As Cortes teñen capacidade para revogar o veto do gobernador por maioría simple das cámaras.miniatura|Ronald Reagan, presidente dos Estados Unidos, dirixindo un discurso ás Cortes de Alabama (15 de marzo de 1982)|centro Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Estado de Alabama
Ligazóns externas
Páxina web da Lexislatura de Alabama
Categoría:Alabama Categoría:Política dos Estados Unidos de América Categoría:Parlamentos