Heby é un municipio sueco (kommun) do condado de Uppsala. A súa capital é Heby, con 2 724 habitantes, sendo a área urbana máis grande do concello e onde vive un 20% da súa poboación. No ano 2022 apoboación do municipio era de 14 330 habitantes.

O municipio de Heby pertenceu ata o 1 de xaneiro de 2007 ao condado de Västmanland. O concello limita co municipio de Avesta no condado de Dalarna, co de Sala no condado de Västmanland, cos de Sandviken e Gävle no condado de Gävleborg, e cos de Tierp, Uppsala e Enköping no condado de Uppsala.

Administración histórica A área do municipio correspóndese coa das parroquias de Enåker, Harbo, Huddunge, Nora, Vittinge, Västerlövsta e Östervåla. Coa reforma municipal de 1862 formáronse concellos rurais co mesmo nome a partir desas parroquias.

O 22 de xaneiro de 1887 constituíuse na zona a localidade municipal de Heby que sería disolta en 1952.

Coa reforma municipal de 1952 fundáronse os grandes concellos de Västerlövsta (dos anteriores municipios de Enåker, Huddunge e Västerlövsta) e Östervåla (de Harbo e Östervåla), mentres que os municipios rurais de Nora e Vittinge permaneceron sen cambios.

O municipio de Heby naceu coa reforma municipal de 1971 a partir dos concellos rurais de Nora, Vittinge, Västerlövsta e Östervåla.

Ata o 31 de dicembro de 2006 o municipio estivo no condado de Västmanland, pero pasou a formar parte do condado de Uppsala o día seguinte. Isto levouse a cabo de acordo cunha decisión parlamentaria do 30 de novembro de 2005. Nun referendo local consultivo realizado en 1998 o 57,5% votou a favor dun cambio de condado.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Uppsala