miniatura|240px|Valva esquerda da cuncha de Mimachlamys crassicostata miniatura|240px|Mimachlamys sanguinea
Mimachlamys é un xénero de moluscos bivalvos da orde dos pectínidos (orde), superfamilia dos pectinoideos e familia dos pectínidos.Mimachlamys Iredale, 1929 no WoRMS. Consultado o 30 de agosto de 2022.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1929 por Tom Iredale, malacólogo inglés residente en Australia, no seu traballo: Iredale, T. (1929): "Mollusca from the continental shelf of eastern Australia". Records of the Australian Museum 17 (4): 157-189.
Sinónimo Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo: Chlamys (Mimachlamys) Iredale, 1929
Especies Na actualidade recoñécense dentro do xéneero as seguintes especies: Mimachlamys albolineata (G. B. Sowerby II, 1842) Mimachlamys asperrima (Lamarck, 1819) Mimachlamys cloacata (Reeve, 1853) Mimachlamys crassicostata (G. B. Sowerby II, 1842) Mimachlamys cruentata (Reeve, 1853) Mimachlamys funebris (Reeve, 1853) Mimachlamys gloriosa (Reeve, 1853) Mimachlamys meli T. Cossignani, 2016 Mimachlamys punctata (Gmelin, 1791) Mimachlamys sanguinea (Linnaeus, 1758) Mimachlamys scabricostata (G. B. Sowerby III, 1915) Mimachlamys spinicostata Dijkstra & Beu, 2018 Mimachlamys townsendi (G. B. Sowerby III, 1895) Mimachlamys varia (Linnaeus, 1758)
Hábitat e distribución O hábitat das especies deste xénero son fondos dos océanos temperados, até unha profundidade de varios centos de metros, desde o sur de Australia até Indonesia e, polo norte, até as Filipinas. Algunhas especies do xénero Mimachlamys conservan os seus fíos bisais durante a idade adulta e non nadan libremente.Iredale, T. (1929): "Mollusca from the Continental Shelf of eastern Australia Nº 2". Records of the Australian Museum. Australian Museum, Sydney. 17 (4): 163.
Características Nas especies deste xénero, as dúas valvas son convexas, aínda que a valva esquerda é máis convexa que a dereita. As aurículas, proxeccións en forma de orellas a ambos os lados da bisagra, son desiguais en tamaño, sendo sempre a anterior moito máis grande que a posterior. A raigaña bisal é profunda, e as valvas son xeralmente similares na súa escultura.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Pectínidos