miniatura|Selo do estado de Dacota do Norte

A Asemblea Lexislativa de Dacota do Norte (en inglés, North Dakota Legislative Assembly) é a institución que exerce o poder lexislativo de Dacota do Norte. Conta cun total de 141 lexisladores elixidos por sufraxio universal que se reparten entre as dúas cámaras coas que conta o parlamento: o Senado e a Cámara de Representantes. A súa sede está no Capitolio estatal de Dacota do Norte, en Bismarck.

Composición O artigo 4º da Constitución de Dacota do Norte, aprobada cando se incorporou á Unión en 1889, establece as competencias e a estrutura da Asemblea Lexislativa:

O Senado: é a cámara alta da Asemblea Xeral conta con 47 membros. Este son escollidos por cadanseu distrito uninominal cada catro anos, aínda que se levan renovacións parciais: escollendo 24 ou 25 senadores cada dous anos. O tenente gobernador do estado é o presidente da cámara, aínda que os senadores elixen entre eles a un presidente pro tempore, é dicir para presidilo cando o primeiro está ausente. O Senado funciona como cámara alta da Asemblea Xeral. Cámara de Representantes: integrada por 94 deputados. O mandatos dos representantes é de catro anos, aínda que a cámara renóvase na metade dos seus membros cada dous anos. Cada circunscrición electoral escolle a dous representantes, e cada dous anos votan na metade dos distritos.

Os candidatos a ambas cámaras deben cumprir cos seguintes requisitos: ser maior de 18 anos, residir no estado, cando menos, dende hai un ano e poder votar no distrito polo que concorre.

Proceso lexislativo miniatura|O Capitolio de Dacota do Norte (Bismarck) acolle á Asemblea Lexislativa do estado Un lexislador, sexa senador ou representante, pode iniciar o proceso mediante a elaboración dunha proposta. Antes de rexistrala na cámara á cal pertenza, debe redactala coa axuda do Consello Lexislativo para dotala dos requisitos técnicos precisos. Logo procédese á primeira lectura na cámara, a iniciativa é presentada e derivada a unha comisión parlamentaria segundo a súa temática. Nesa fase, a comisión valora e debate a proposta, de non ser rexeitada, o proceso lexislativo prosegue e chega ao pleno da cámara. Alí é de novo lida, a segunda lectura, e debátense as emendas, antes de votala. No caso de ser aprobada, envíase á outra cámara, onde o proxecto seguirá o mesmo procedemento, podendo ser modificada. En tal caso, unha vez remata o proceso na segunda cámara, volverá ser votada na cámara orixinal. Se a cámara orixinal rexeita as mudanzas, constitúese unha comisión conxunta con membros das dúas cámaras para intentar chegar a un acordo. O texto pactado debe ser votado afirmativamente por ambas cámaras para ser definitivamente aprobado.

Tras superar o voto das cámaras, remítese ao Gobernador para que a asine pero de non concordar con ela pode vetala. Mais nese caso, a Asemblea Lexislativa pode anulalo co voto de dous terzos de ambas as dúas cámaras.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Dacota do Norte

Ligazóns externas

Páxina web da Asemblea Lexislativa de Dacota do Norte (en inglés)

Categoría:Dacota do Norte Categoría:Política dos Estados Unidos de América Categoría:Parlamentos