é un videoxogo de acción e aventuras de 2019 desenvolvido por Nintendo para a consola Nintendo Switch. É o terceiro título da serie Luigi's Mansion, despois de Luigi's Mansion: Dark Moon. O obxectivo do é asumir o papel de Luigi, que debe explorar un hotel encantado, con diferentes temáticas en cada andar, e rescatar os seus amigos das pantasmas que o habitan, despois de que o grupo fose enganado polo rei Boo a unha visita de vacacións.
Xunto a unha serie de elementos de xogo que regresan das entregas anteriores, o xogo incorpora novas funcións, incluíndo movementos adicionais para capturar pantasmas, un asistente de doppelgänger ectoplasmático coñecido como Gooigi e unha funcionalidade multixogador ampliada que permite aos xogadores participar en xogos cooperativos e competitivos tanto a nivel local como en liña. O xogo recibiu valoracións positivas da crítica e foi nomeado a varios premios, gañando o premio ao "Mellor xogo familiar" nos The Game Awards 2019. O xogo vendeu 11,43 millóns de copias ata o 31 de marzo de 2022.
Acollida
Luigi's Mansion 3 recibiu valoracións positivas segundo con Metacritic. Chelsea Stark de Polygon eloxiou o uso de Gooigi, así como a variedade de niveis ao longo do xogo, dicindo que "esta é a mellor aventura do noso heroe asustado ata agora". Ryan McCaffrey de IGN tamén eloxiou o deseño de niveis e a variedade, dicindo que "Luigi's Mansion 3 é tan divertido, encantador e intelixentemente deseñado que agardo que recibamos máis de tres destes cada 20 anos".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Videoxogos de 2019 Categoría:Videoxogos de Nintendo Switch Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Canadá Categoría:Videoxogos exclusivos de Nintendo Switch Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de terror