BATSAT (acrónimo de Broadband Advanced Technologies Satellite), coñecido tamén como Teledesic T1, foi un satélite artificial de Teledesic lanzado o 26 de febreiro de 1998 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.

Características BATSAT foi un satélite experimental e demostrador tecnolóxico previo para a constelación de satélites de comunicacións de Teledesic. Foi lanzado a unha órbita baixa (565 km de altura) desde a que se fixeron probas operativas simulando un satélite en produción. Entre os parámetros estudados co satélite estiveron o arrastre atmosférico á altura de operación do satélite, o control de potencia das ligazóns de radio, o retardo na propagación da radio en banda Ka debido á atmosfera, a sincronización co GPS, a estabilidade da ligazón láser e as interferencias causadas polo Sol e a Lúa. Despois de cumprir a súa misión, BATSAT reentrou na atmosfera terrestre o 9 de outubro de 2000.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pegasus XL

Categoría:Satélites artificiais