Bei Shizhang (chinés simplificado: 贝时璋; chinés tradicional: 貝時璋; pinyin: Bèi Shízhāng), nado o 10 de outubro de 1903 no distrito de Zhenhai e finado o 29 de outubro de 2009, foi un biólogo chinés que traballou no programa espacial do seu país.
Traxectoria Bei Shizhang graduouse no programa de premedicina da Escola Médica Alemá de Tongji (hoxe en día Universidade de Tongji) en 1921, doutorándose en ciencias naturais pola Universidade de Tübingen (Alemaña) en 1928. Foi elixido membro da Academia Sinica en 1948 e da Academia China de Ciencias en 1955. Entre 1958 e 1983 foi o primeiro director do Instituto de Biofísica da Academia China de Ciencias, do que foi fundador, e primeiro decano do departamento de biofísica da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía da China. Levou a cabo estudos sobre os efectos da radiación nos seres vivos e foi un dos tres expertos que formularon os primeiros plans para o programa espacial tripulado chinés, en 1966. Finou o 29 de outubro de 2009 no seu fogar en Pequín.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Academia China de Ciencias
Categoría:Biólogos da China Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Nados na China Categoría:Alumnos da Universidade de Tubinga