Peter-Götz Güttler, nado en Greifswald, Mecklemburgo-Antepomerania, o 8 de xuño de 1939 e finado o 31 de outubro de 2024, foi un arquitecto e deseñador de medallas alemán."Medailleur Peter Götz Güttler wird 80". En Münzen Woche. 13 de xuño de 2019.
Traxectoria Güttler estudou Arquitectura na Universidade Técnica de Dresde de 1961 a 1967. Desde mediados da década de 1950 viña xa cultivando a pintura, a arte gráfica e a escultura, e en 1971 comezou a crear as súas primeiras medallas. Foi a partir de 1985 cando Güttler fixo da creación de medallas a súa actividade principal.
A partir de 1990 comezou a participar nos congresos anuais da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM) e en 1991 foi un dos fundadores da Sociedade Alemá da Medalla de Arte (DGMK).
Recoñecementos
(2006): Premio Johann Veit Döll, da Sociedade Alemá da Medalla de Arte e a cidade de Suhl, Turinxia."Deutscher Medailleurpreis Johann Veit Döll". Deutsche Gesellschaft für Medaillenkunst. (2009): Premio Hilde-Broër, da Sociedade Alemá da Medalla de Arte."Hilde-Broër-Preis für Medaillenkunst 2009". Deutsche Gesellschaft für Medaillenkunst. (2009): Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá."Eligiuspreis 2009". Deutsche Numismatische Gesellschaft. (2019): Medalla na súa honra polo seu 80 aniversario, da Sociedade Numismática Saxoa."80. Geburtstag von Peter Götz Güttler". Sächsische Numismatische Gesellschaft.
Obra
151x151px 150x150px Anverso e reverso da medalla do Eligiuspreis, creada por Peter-Götz Güttler (1992)
A maioría dos seus traballos están feitos por encarga de particulares, entidades públicas e asociacións. Entre eles están a medalla que se concede como premio de arte da cidade onde reside Güttler, Dresden, e tamén a que outorga a Sociedade Numismática Alemá con motivo do seu galardón Eligiuspreis, do que el mesmo foi acredor en 2009.
A variada produción de medallas de Güttler está recollida no catálogo publicado por Martin Heidemann sobre as medallas producidas por el entre 1971 e 2011.Heidemann, M. (2012)."Werkschau von Medailleur Peter Götz Güttler erschienen". En Münzen Woche. 18 de outubro de 2012.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Die Kunstmedaille der Gegenwart in Deutschland. Tomo 27: Güttler-Medaillen: gegossene Sichten und Welten. Medaillen 1971–2011. Deutschen Gesellschaft für Medaillenkunst, Dresden. ISBN 978-3-95498-002-4 Heidemann, M. (2012). Peter-Götz Güttler. Gegossene Sichten und Welten. Medaillen 1971-2011. Sandstein Verlag, Dresden. ISBN 978-3-95498-002-4
Ligazóns externas
Medallas de Peter Götz Güttler en Coin Archives
Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Greifswald Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Arquitectos de Alemaña Categoría:Galardoados co Eligiuspreis Categoría:Alumnos da Universidade Técnica de Dresde Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en 2024