Luis Rosón Pérez, nado en Becerreá o 6 de xullo de 1918 e finado na mesma vila o 28 de setembro de 1995, foi un militar e político galego.
Traxectoria Fillo do político e farmacéutico Eulogio Rosón López, e irmán dos políticos Juan José Rosón e Antonio Rosón.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi delegado local de prensa e propaganda de Falange en Becerreá.El Pueblo Gallego, 20-12-1936, p. 7.
Militar, considerado camisa vella, foi un dos voluntarios da Lexión Azul que combatiron xunto á Alemaña nazi na fronte oriental da segunda guerra mundial, co rango de capitán e o cargo de xefe do servizo de intervención.
Foi nomeado gobernador civil e xefe provincial do Movimiento de Tenerife en febreiro de 1950, cargo que ocupou ata outubro de 1951, cando o relevou Carlos Arias Navarro.
Xeneral de división e asignado aos servizos de información, na Transición española foi unha das voces autorizadas dentro de certos sectores inmobilistas do Exército español, críticas coa legalización do Partido Comunista de España realizada polo primeiro goberno de Adolfo Suárez. Na súa opinión, tras o asasinato de Carrero Blanco, o proceso de transición democrática debera ser controlado politicamente e liderado polas Forzas Armadas. Rosón consideraba que ol exército podería efectuar un golpe de Estado o día da legalización do PCE, se ben a súa mensaxe nos encontros entre militares durante aqueles días buscaba precisamente o contrario.
En 1980 foi nomeado interventor xeral do Exército. O 21 de novembro de 1984 foi vítima dun atentado de ETA na rúa de Galileo de Madrid, cando o seu coche oficial foi tiroteado por dous pistoleiros. Sufriu catro impactos de bala e o seu chofer dous, e ambos tiveron intervencións cirúrxicas. Tras o atentado, abandonou a vida pública.
Finou en Becerreá o 28 de setembro de 1995.
Recoñecementos Gran Cruz do Mérito Militar. Gran Cruz de San Hermenexildo.
Vida persoal Casou con Clementina Bussmann Lackamp en 1948 en Madrid. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Falanxistas Categoría:Gobernadores civís de Santa Cruz de Tenerife
Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes