Scolopax é un xénero de aves da orde dos caradriformes, suborde dos escolopacios, o tipo da familia dos escolopácidos e da subfamilia dos escolopacios.
Taxonomía Descrición O xénero foi creado en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.Scolopax Linnaeus, 1758 na BioLib. Consultada o 12 de setembro de 2022.Scolopax Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 13 de setembro de 2022.
Etimoloxía O nome científico Scolopax tirouno Linneo do latín vulgar scolopax, derivado do grego antigo ασκαλωπας ou ασκαλοπας, askalōpas ou askalopas, "arcea".Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, páxina 351.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Philohela G.R.Gray, 1841 Scoloponica Vieillot, 1816 Scopolax Linnaeus, 1766
Especies Na actualidade recoñécense, segundo o GBIF, as seguintes especies: Scolopax aegocephala Linnaeus, 1758 Scolopax brachycarpa Takano & Steadman, 2015 Scolopax bukidnonensis Kennedy, Fisher, Harrap, Diesmos & Manamtam, 2001 Scolopax celebensis Riley, 1921 Scolopax hutchensi Emslie, 1998 Scolopax minor Gmelin, 1789 Scolopax mira Hartert, 1916 Scolopax rochussenii Schlegel, 1866 Scolopax rosenbergii Schlegel, 1871 Scolopax rusticola Linnaeus, 1758 Scolopax saturata Horsfield, 1821
Nota taxonómica A taxonomía do xénero está a ser moi discutuida e moitos autores consideran menos especies. Por exemplo, J. L. Peters admitía en 1934 oito,Peters, James Lee, ed. (1934): Check-List of Birds of the World. Vol. 2. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, páxina 278. pero bate o récord o WoRMS, que só considera válidas dúas:Scolopax Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultado o 13 de setembro de 2022. Scolopax minor Gmelin, 1789, e Scolopax rusticola Linnaeus, 1758
Características e ecoloxía miniatura|250px|Scolopax minor escondida na herba. As especies de Scolopax teñen o corpo rexo, críptico, coa plumaxe parda e amourada e o pico longo e esvelto. Os seus ollos están situados aos lados da cabeza, o que lles permite unha visión de 360°.woodcock (bird) – Britannica Online Encyclopedia. Britannica.com. Consultada o 13 de setemro de 2022. A diferenza da maioría das aves, a punta da mandíbula superior do pico é flexíbel.Mousley, H. (1934): "The earliest (1805) unpublished drawings of the flexibility of the upper mandible of the woodcock's bill". Auk 51 (3): 297–301.McKelvie, Colin Laurie (1993): Woodcock and Snipe: Conservation and Sport. Victoria, Australia. ISBN 978-1-8531-0713-9.
Estas especies son aves dos bosques. Aliméntanse pola noiteoite, buscando invertebrados en terreos brandos cos seus longos picos. Este hábito e a súa discreta plumaxe dificulta a súa observación cando descansan durante o día.Kennedy, Robert S.; Fisher, Timothy H.; Harrap, Simon C. B.; Diesmos, Arvin C. & Manamtam, Arturo S. (2001): "A new species of woodcock from the Philippines and a re-evaluation of other Asian/Papuasian woodcock" (PDF). Forktail 17 (1): 1–12.
O abano de hábitos reprodutivos de Scolopax rusticola esténdese desde o oeste de Irlanda cara ao leste, por Europa e Asia, preferindo principalmente as rexións de bosque boreal incluíndo o norte do Xapón, e tamén os límites setentrionais da zona arbórea en Noruega. Continuando cara ao sur até os Pireneos e os límites norte de España. Atopáronse niños en Córsega e hai tres centros de reprodución illados no Atlántico nos Azores, Madeira e as Illas Canarias. En Asia os sitios de reprodución pódense ver tan ao sur como Caxemira e o Himalaia.
Evolución Só dúas especies de Scolopax están moi espalladas, as outras son endémicas de illas moi localizadas. A maioría encóntranse no hemisferio norte, pero algunhass atópanse nas Illas maiores da Sonda, na Wallacea e en Nova Guinea. Os seus parentes máis próximos son as becadas e becacinas do xénero Gallinago.Hayman, Peter; Marchant, John & Prater, Tony (1986): Shorebirds: an identification guide to the waders of the world. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 0-3956-0237-8. Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A. & Székely, Tamás (2004): "A supertree approach to shorebird phylogeny". BMC Evolutionary Biology 4: 28. Como ocorre con moitos outros xéneros de limícolas, as liñaxes de Gallinago e Scolopax probabelmente diverxeron ao redor do Eoceno, hai uns 55,8-33,9 millóns de anos, aínda que o xénero Scolopax só se coñece desde finais do Plioceno.Finlayson, Clive (2011): Avian survivors: The History and Biogeography of Palearctic Birds. Londres, Reino Unido: Bloomsbury Publishing, p. 204. ISBN 978-1-4081-3732-1, p. 204.
Sábese que as especies de becadas experimentan unha rápida especiación nas cadeas de illas, sendo os exemplos existentes a Scolopax mira nas illas Ryukyu e varias especies de becadas nas illas de Indonesia, Filipinas e Nova Guinea. Evidencias subfósiles indican a presenza doutra radiación de especies de becadas nas Antillas Maiores; estas becadas do Caribe poden estar máis relacionadas coas especies do Vello Mundo que coas do Novo Mundo, e probablemente foron eliminadas pola incursión humana na rexión.Takano, Steadman (2015): "A new species of Woodcock (Aves: Scolopacidae: Scolopax) from Hispaniola, West Indies". Zootaxa 4032 (1):117.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, Josep, Andrew Elliott & Jordi Sargatal, eds. (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7. Harrison, Colin J. O. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds. Londres, Reino Unido: Merehurst Press. ISBN 1-8539-1186-0.
Outros artigos Caradriformes Escolopácidos Escolopacios
Ligazóns externas Woodcock. Scolopax Linnaeus 1758 na EOL.
Categoría:Escolopácidos