Niklot Klüßendorf, nado en Hamburgo, o 10 de febreiro de 1944, é un arquiveiro, historiador e numismático alemán, especialista na historia do diñeiro medieval e moderna.
Traxectoria
Logo de graduarse de ensino secundario no Wilhelm-Hittorf-Gymnasium de Münster, Klüßendorf cursou entre 1965 e 1972 estudos superiores de Historia, Ciencias Auxiliares Históricas, Inglés e Folclore na Universidade de Münster, e en 1973 acadou o seu doutoramento en Historia Medieval na mesma universidade."Prof. Dr. Niklot Klüßendorf". Die Historische Kommission für Mecklenburg (https://hiko-mecklenburg.de)"Klüßendorf, Niklot". En Braunschweigische Wissenschaftliche Gesellschaft. Jahrbuch 2003. J. C Ramer Verlag. Braunschweig, 2004. Páxinas 91- 92.
Klüßendorf ingresou no Servizo de Arquivos en 1972, inicialmente en Detmold. En 1974 aprobou o exame estatal de arquiveiros en Marburgo e pasou a exercer no Arquivo Estatal de Hessen, e entre 1980 e 1999 foi profesor adxunto na Escola de Arquivos de Marburgo.
De 1980 a 2006 traballou tamén como conselleiro académico superior na Oficina Estatal de Historia Rexional de Hessen en Marburgo, na área de Numismática e ocupándose principalmente dos achados monetarios, e en 1986 acadou a habilitación docente nesta materia. En 1992 foi nomeado profesor adxunto de Numismática e Historia Monetaria na Universidade Philipps de Marburgo.
O interese das súas investigacións céntrase na historia do diñeiro e da circulación monetaria na Idade Media e na Idade Moderna, así como a historia rexional comparada."Prof. Dr. Niklot Klüßendorf". Die Historische Kommission für Mecklenburg (https://hiko-mecklenburg.de)
Klüßendorf foi representante do Estado de Hessen na Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña entre 1980 e 2006, e o seu segundo presidente de 1991 a 1999. Tamén é membro de diversas comisións históricas territoriais."Bundesverdienstkreuz für Professor Niklot Klüßendorf". Philipps-Universität Marburg. En 2020 foi nomeado membro honorífico do Centro de Estudos Martino Martini, da Universidade de Trento."Professor Niklot Klüßendorf Ehrenmitglied des Centro Studi Martino Martini der Universität Trento". Phipps Universität Marburg.
En 2002, Klüßendorf comezou a participar no Comité Internacional de Museos Monetarios e Bancarios (ICOMON), no marco do Consello Internacional de Museos (ICOM), e foi especialmente activo nos relatorios das conferencias anuais na China (2002 e 2010) e en Corea do Sur (2004)."Programme. Monday, October 4". ICOMON 2004 Seoul, Korea (http://icomkorea.org/icom2004)
Recoñecementos
(1996): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt."GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte. (2003): Medalla Carl Friedrich Gauß, da Sociedade Científica de Braunschweig."Liste der Preisträger". Braunschweigische Wissenschaftliche Gesellschaft. (2004): con motivo do seu 60 aniversario, foi homenaxeado cunha publicación conxunta dirixida por Reiner Cunz, Rainer Polley e Andreas Röpcke.Véxase, en Bibliografía: Cunz, R.; Polley, R.; Röpcke, A. (Hrsg.) (2004)."Archivars-Festschrift Klüßendorf". Archivalia (https://archivalia.hypotheses.org/) (2007): Cruz Federal do Mérito de 1ª clase.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Klüßendorf ao longo da súa traxectoria:"Klüssendorf, Niklot 1944- ". Digital Library Numis."Klüßendorf, Niklot". Regesta Imperii."Niklot Klüßendorf (*1944). Schriftenverzeichnis". Coingallery.de
(1975). Der Aachener Wechslerprozess. Städtische Münzpolizei und Devisenschmuggler im Spätmittelalter. Numismatischer Verlag Schulten, Frankfurt. ISBN 3-921302-11-0 (1982). Die Münzfundpflege im Lande Hessen. Eine Einführung in Aufgaben und Arbeitsweise. Landesamt für Denkmalpflege Hessen, Wiesbaden. (1995). Der Heller in Hessen. Numismatische Fundhorizonte des Hoch- und Spätmittelalters. Abt. Archäologische und Paläontologische Denkmalpflege im Landesamt für Denkmalpflege Hessen, Wiesbaden. (2006). Münzfundbericht des Hessischen Landesamtes für geschichtliche Landeskunde Marburg, Nr. 9: 1997 bis 2005. Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-3115-1 (2009). Münzkunde. Basiswissen. Verlag Hahnsche Buchhandlung, Hannover. ISBN 978-3-7752-6135-7 (2012). Kleine Münz- und Geldgeschichte von Hessen in Mittelalter und Neuzeit. Historische Kommission für Hessen, Marburg. ISBN 978-3-942225-16-8 (2015). Numismatik und Geldgeschichte. Basiswissen für Mittelalter und Neuzeit. Verlag Hahnsche Buchhandlung, Peine. ISBN 978-3-7752-5968-2 (2016). Das Notgeld der Stadt Melsungen seit 1917. „Behelf“ und „Ware“ als zwei Seiten der Medaille. Marburg. ISBN 978-3-88964-216-5
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cunz, R.; Polley, R.; Röpcke, A. (Hrsg.) (2004). Fundamenta Historiae. Geschichte im Spiegel der Numismatik und ihrer Nachbarwissenschaften. Festschrift für Niklot Klüßendorf zum 60. Geburtstag am 10. Februar 2004. Schmidt, Neustadt a. d. Aisch. ISBN 3-87707-624-6
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Hamburgo Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Historiadores de Alemaña Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Membros da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña Categoría:Arquiveiros de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Münster Categoría:Profesores da Universidade de Marburgo Categoría:Personalidades sen imaxes