Albert Raff, nado en Pomerania en 1944, é un profesor e numismático alemán especializado nas moedas e medallas de Württemberg.
Traxectoria
Aínda que Albert Raff naceu en Pomerania, no seo dunha familia de agricultores, cando o exército ruso matou o seu pai, a nai fuxiu con Albert e os seus dous irmáns e instaláronse no distrito de Dagerloch, en Stuttgart.Sägesser, J. A. (2014) .
Logo de completar a súa formación como impresor tipográfico en 1964 e logo graduarse na Escola Técnica Superior en 1967, Raff ingresou na Universidade de Educación de Ludwigsburg, onde se formou como mestre."Raff, Albert". En Coins Weekly. 3 de maio de 2017.
Ata 2008 exerceu a docencia e foi directivo de varios centros educativos en Stuttgart, e en diversos momentos foi tamén asesor técnico educativo.
Mais a figura de Albert Raff é salietable pola súa dedicación á numismática, área na que levou a cabo numerosas publicacións. A súa principal contribución foi a elaboración, xunto con Ulrich Klein, do catálogo das moedas e as medallas de Württemberg, que se publicou en sete volumes entre 1981 e 2013.
Raff é membro da Sociedade Numismática Alemá, entidade que presidiu entre 1998 e 2004, e na que presidiu o xurado do premio Eligiuspreiss."Eligiuspreis der DNG". Deutsche Numismatische Gesellschaft. Entre 1995 e 2004 foi tamén asesor da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, e tamén presidiu a Asociación Numismática de Württemberg a partir de 1982.
En 2007, o medallista Peter Götz Güttler creou unha medalla na honra de Albert Raff.
Recoñecementos
1993: Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt."GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte. 1996: Premio Literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais."IAPN-Book Prize ". No sitio web de IAPN-AINP. 2016: Premio Von Hessenthal de falerística, da Sociedade Alemá de Estudo das Ordes."Mitgliederversammlung der DGO in Rastatt vom 9.–11. September 2016". Deutsche Gesellschaft für Ordenskunde 2024: Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá."Eligiuspreis 2024, Albert Raff". Sitio web da DNG."Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Albert Raff ao longo da súa carreira:"Raff, Albert". WorldCat Identities."Albert Raff (*1944). Zusammenstellung von Schriften". Coingallery.de
(1986). Die Münzen und Medaillen der Stadt Schwäbisch Hall. Kricheldorf, Friburgo. ISBN 9783925766510 (1991). Die Württembergischen Münzen von 1798-1873. Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 9783980270618 (1992). Die württembergischen Münzen von 1693-1797 (con U. Klein). Verl. der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 9783980270625 (1993). Die Württembergischen Münzen von 1374-1693. Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung Stuttgart, Stuttgart. ISBN 9783980270632 (1995). Die Württembergischen Medaillen von 1496-1797. Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 9783980270649 (1997). Die Münzen und Medaillen von Esslingen (con U. Klein). Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 9783980270663 (2003). Die württembergischen Medaillen von 1797-1864 (con U. Klein). Verl. der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 9783936047004 (2009). Darstellungen von Friedrich Schiller auf Münzen, Medaillen, Plaketten und Kleinreliefs (con U. Klein). Württembergischer Verein für Münzkunde, Stuttgart. ISBN 9783000293030 (2010). Die württembergischen Medaillen von 1864-1933 (con U. Klein). Verl. der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 9783936047028 (2013). Die Münzen und Medaillen der württembergischen Nebenlinien (Mömpelgard, Neuenstadt, Oels und Weiltingen) (con U. Klein). Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 3-936047-03-0
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Sägesser, J. A. (2014). "Albert Raff im Porträt. Das lebendige Fotoalbum ". En Stuttgarter Zeitung. 1 de abril. "Raff, Albert". En Coins Weekly. 3 de maio de 2017.
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Mecklemburgo-Antepomerania Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Galardoados co Eligiuspreis Categoría:Personalidades sen imaxes