Na mitoloxía maorí, Rongo ou Rongo-mā-Tāne (tamén Rongo-hīrea, Rongo-marae-roa e Rongo-marae-roa-a-Rangi) é un importante deus (atua) das plantas cultivadas, especialmente da pataca doce (kūmara en maorí), un cultivo vital para os maorís. Outros cultivos dos maorís nos tempos tradicionais incluían taro, ñame (uwhi), cordyline (tī) e Lagenaria siceraria. Debido á súa orixe tropical, a maioría destes cultivos eran difíciles de cultivar agás no extremo norte da illa Norte, de aí a importancia de Rongo en Nova Zelandia.

El foi un importante deus da agricultura e da guerra nas meridionais Illas Cook, especialmente en Mangaia, onde o Akaoro marae e Orongo marae foron centros do seu culto, onde se lle ofrecía taro cocido cited in para asegurar o éxito na batalla e a fertilidade da terra.

Na sala de espera da Walt Disney's Enchanted Tiki Room cóntase unha lenda sobre Rongo facendo voar o primeiro papaventos, na que Ernest Tavares dá voz a Rongo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía G. Grey, Polynesian Mythology, edición ilustrada, impresión de 1976. (Whitcombe and Tombs: Christchurch), 1956. M. Orbell, The Concise Encyclopedia of Māori Myth and Legend (Canterbury University Press: Christchurch), 1998. E.R. Tregear, Maori-Polynesian Comparative Dictionary (Lyon and Blair: Lambton Quay), 1891. Patrick V. Kirch, "Natural Experiments of History" antoloxía editada por Jared Diamond e James A. Robinson, Chapter one "Controlled Comparison and Polynesian Cultural Evolution" by Patrick V. Kirch, pages 28 & 29, (The Belknap Press of Harvard University Press Cambridge, Massachusetts & Londres, Inglaterra), 2010.

Categoría:Deuses maorís Categoría:Deuses polinesios Categoría:Deuses da agricultura Categoría:Deuses da guerra Categoría:Mitoloxía das Illas Cook Categoría:Mitoloxía maorí