Katrineholm é un concello sueco (kommun) do condado de Södermanland. A súa capital é Katrineholm. En xuño de 2022 o concello tiña unha poboación de 34 689 habitantes.
O concello está situado na parte occidental do landskap de Södermanland, na ribeira suroeste do lago Hjälmaren. O municipio de Katrineholm limita ao norte co de Arboga no condado de Västmanland e co de Eskilstuna no condado de Södermanland, ao leste co de Flen e ao sur co de Nyköping, os dous en Södermanland. Ao suroeste limita co concello de Norrköping e co concello de Finspång, ámbolos dous no condado de Östergötland, e no oeste co de Vingåker en Södermanland.
O nome vén da granxa Katrineholm (que antes do século XVII se chamaba Furbonäs) ao carón do lago Näsnaren. A localidade de Katrineholm e máis tarde o municipio surdiron debido ao ferrocarril que atravesaba a zona. Cando se construíu unha estación, esta recibiu o nome da granxa próxima.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Södermanland