Nazaret López, nada en Lugo en 1959, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria Traballou na Televisión de Galicia, Televisión Española, Radio Galega, Cadena SER, El Progreso e Radio Ames. Labores que compaxina co teatro, no que exerce como docente, directora e autora para compañías profesionais e grupos afeccionados.
Participou en Con música propia (1995), Hai que botalos (2005), Tu kien eres? (2016).
Obra
Formigas nos pés (2019). Vigo: Xerais. 312 páxs. ISBN 978-84-9121-593-6. ePub: ISBN 978-84-9121-602-5. Un relato calidoscópico dunha ruptura, a novela estrutúrase en fragmentos breves cos que o lector vai compoñendo a historia. A novela estrutúrase en 9 capítulos e 125 pequenas historias. miniatura|Con Luz Darriba, presentando os seus libros na Libraría Trama de LugoPecados veniais (2022). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-1110-176-9. ePub: ISBN 978-84-1110-180-6.
Notas
miniatura|Presentando Pecados veniais con Teresa Cuíñas na Libraría Paz de Pontevedra
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1959