dereita|miniatura|Nee Barros e Diana Kurich na Festa dos Libros de Pontevedra. Nee Barros Fernández, nado en Ourense o 19 de decembro de 2002, é activista polos dereitos trans e divulgador cultural e literario.Nee Barros defínese como persoa non binaria e usa o pronome neutro elu e palabras flexionadas co morfema -e para se referir a si mesme.

Traxectoria Nee Barros naceu en Ourense, mais creceu na vila de Marín (Pontevedra). Estudou o bacharelato no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra desde o 2018 ata o 2020. Graduouse en Xestión Cultural pola Universidad de Santiago de Compostela.

Na súa faceta literaria, recibiu recoñecementos desde moi cedo en certames como Lingua de Namorar (2018 e 2020), Prensa-Escuela (2018) ou o certame de narración curta Concello de Curtis (2019), entre outros. En 2022, recibiu o Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, grazas ao cal publicarían a súa obra Nom estamos quebrades. Para alén da súa produción literaria, desenvolve un labor de divulgación literaria na rede, especialmente a través da súa canle de Youtube Neeumatiko. Na devandita canle mestura recomendacións literarias, análises de obras e activismo LGBTIQA+. Este labor foi recoñecido co premio á Calidade Lingüística do certame Youtubeir@s en 2021. Tamén canta e toca o baixo no grupo de música pop rock Froalla.

Publicacións Obras propias A metamorfose forzada ou xuízo nun acto (2019). Erregueté. Cadernos Pygmalión nº 2, 20 páx. 19 poemas para um VÍRUS-19 (2020). Arte Calavera. Autopublicado, 54 páx. Identidade. A normalidade do non-común (2021). Galaxia. 88 páx. ISBN 978-84-9151-725-2. Nom estamos quebrades (Cuarto de Inverno, 2023).

Album ilustrado

Universo diverso. Unha viaxe pola galaxia LGBTIQA+ (2026). Con Eva Mejuto e ilustracións de Julia Lago. Vigo: Xerais. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-855-3.

Obras colectivas Tes cinco minutos #1 (2021). Galaxia. 130 páx. ISBN 978-84-9151-607-1. 21 poetas do século XXI (2021). Aira. 204 páx. ISBN 978-84-123849-9-4. Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (Coord.) (2023). Xerais. ISBN 978-84-1110-358-9. Guia de Linguagem Não Binária (xunto a Daniel Amarelo e Alva Lourenço) (2026). Através Editora. 140 páx. ISBN 978-84-10491-10-6.

Obras traducidas Heartstopper, de Alice Oseman (2024). Xerais. 288 páxinas ISBN 978-84-1110-580-4.

Recoñecementos IV Edición do certame de microrrelatos Prensa-Escuela (2018) Lingua de Namorar, Categoría A (2018) I Premio de Radioficción CUAC FM (2018) II Concurso contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno de Pontevedra (2019) XXIX concurso de contos Vila de Pontedeume (2019) XIV Premio Narración Curta Concello de Curtis, Categoría A (2019) Lingua de Namorar, Categoría A (2019) XVIII Certame de Poesía no Ben Veñas Maio (2019) XV Premio de Narración Curta do Concello de Curtis, Categoría A (2019) Lingua de Namorar, Categoría A (2020) III Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal, Categoría Xuvenil (2020) XVIII Certame de Poesía no Ben Veñas Maio (2020) V Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil (2022)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Canal de Youtube Neeumatiko Entrevista en Nós Televisión, 01-05-2021 Entrevista no El Salto, 17-05-2021 Entrevista na revista Vinte, 27-09-2021

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 2002 Categoría:Activistas LGBT de Galicia Categoría:Escritores LGBT de Galicia Categoría:Personalidades de YouTube Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Persoas non binarias