Xosé Antonio García Cotarelo, nado en Vilameá (A Pontenova) en 1941 e finado en Madrid o 21 de marzo de 2026, foi un avogado, funcionario e escritor galego.
Traxectoria
Estudou Dereito en Madrid, onde aprobou as oposicións ao Corpo Técnico de Administración Civil do Estado en 1967. Foi subdirector xeral nos ministerios da Gobernación, Interior, Obras Públicas e Urbanismo, Traballo, Sanidade e Seguridade Social e Xustiza.
Estivo destinado en servizos especiais na Xunta de Galicia (1982-1990) e foi Secretario Xeral Técnico e de Relacións Institucionais da Consellería da Presidencia (1986)Decreto polo que se nomea Secretario Xeral Técnico e de Relacións Institucionais da Consellería da Presidencia a don Xosé Antonio García Cotarelo. e Secretario Xeral da Vicepresidencia. Traballou despois na Inspección Xeral de Servizos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, onde se xubilou en 2007. Publicou poemas en Dorna e algúns artigos en El Correo Gallego sobre a obra de Cunqueiro e a literatura fantástica.
Obras
A Autonomía galega (1846-1981), 1986 (con Rubén Víctor Lois Calviño e Xesús Fernández Jiménez).
Traducións Elexías de Tibulo, 1989.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Pregón da xira de Santa Cruz ano 2002 - Xosé Antonio García Cotarelo.
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2026