Robert Cochet, nado en París o 6 de maio de 1903 e finado en Moulins, Allier, o 26 de xullo de 1988, foi un escultor, medallista e deseñador e gravador de moedas francés.
Traxectoria Robert CochetIl cursou estudos superiores de artísticos na Escola de Belas Artes de París, da man do seu tío Auguste Carli, escultor e profesor nesa escola."Robert Cochet créateur de médailles et de monnaies (1903-1988)". Nicolas-salagnac.com
Perfeccionou a escultura no estudio privado do seu tío ata o falecemento deste en 1930 e logo especializouse na creación de medallas, moedas e pequenas pezas de bronce, e converteuse en colaborador de Lucien Bazor, gravador xeral de moedas de Francia.
Cochet recibiu un diploma e unha medalla na Exposición Internacional de Numismática de Madrid de 1954 e foi nomeado socio perpetuo do Salón de Artistas Franceses, de París."Medalla Defensa Pasiva 1939-1945: Robert Eugène Joseph Cochet". Cartagenero.es
Pódense atopar medallas súas nas coleccións do Museo de Arte da Universidade de Harvard,"Robert Cochet. Paris 1903 - 1988". Harvard Art Museums. do Museo Británico"Robert Cochet". The British Museum. e do Museo Chrysler.
Robert Cochet incorpora nos seus traballos, a modo de sinatura, en ocasións unha marca co monograma CR e noutros casos a inscrición "R Cochet".
Obra miniatura|Medalla na memoria de Lucien Bazor, sobre a tumba deste, deseñada por Robert Cochet
Escultura En 1929 expuxo no Salón de Artistas Franceses un baixorrelevo en xeso titulado Jeune fille.
Medallística Como medallista, Cochet creou un gran número de medallas oficiais para a Cámara de Deputados e para o Senado de Francia, así como outras de carácter conmemorativo dedicadas a cidades, e cómpre salientar os seus máis de 130 retratos.
Entre as medallas máis relevantes pódense citar as medallas do Consello da República (1946 e 1956), as da Asemblea Nacional (1951 e 1962) ou a da "Defensa Pasiva 1939-1945", cuñada en bronce pola Monnaie de Paris.
Cochet deseñou tamén unha medalla co retrato de Lucien Bazor, que decora a tumba deste no cemiterio de Châtenay-Malabry, preto de París."Lucien Bazor (1889-1974)". Cimetières de France et d'ailleurs: Châtenay-Malabry (92): ancien cimetière.
Moeda A Robert Cochet débeselle tamén o deseño de diversas moedas, como a francesa de 100 francos de cuproníquel que se cuñou entre 1954 e 1959, ou a dun franco de Mónaco cuñada a nome de Rainiero III entre 1960 e 1995. Así mesmo, actuou como gravador a partir de deseños doutros artistas en moedas doutros países, como é o caso da serie circulante dos Estados da África Central,Moedas deseñadas e gravadas por Robert Cochet. Numista.com e outras de Laos, Vietnam, Iemen, Comores, África Occidental, Bolivia ou Grecia.
Coa asunción do euro como moeda oficial por parte de Mónaco en 2002, para os anversos nacionais das moedas cos valores faciais de 1, de 2 e de 5 céntimos utilizouse un deseño de Robert Cochet, consistente no escudo de armas dos príncipes de Mónaco."Monaco euro coin designs". The Principality of Monaco (Monaco.me)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en París Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Artistas de Francia Categoría:Alumnos da École des Beaux-Arts Categoría:Personalidades sen imaxes