Osmo é un lugar da parroquia de Osmo no concello ourensán de Cenlle, na comarca do Ribeiro. É o segundo núcleo da parroquia en poboación.

Patrimonio A súa carballeira e a capela da Virxe do Socorro acollen a romaría da Virxe do Socorro que se celebra tódolos anos no segundo domingo do mes de setembro, sendo de moita sona en toda a bisbarra.

A igrexa parroquial de San Miguel conserva pouco da súa orixinal fábrica románica (algún canzorro...). Na súa orixe parece ser que foi de fundación privada, feita polo Conde de Ribadavia. A súa imaxe actual débese á importante reforma feita no século XVIII. Conserva unha sinxela pero fermosa fachada renacentista, do século XVI ou primeiros anos do XVII, estilo pouco común na zona e en igrexas parroquiais. No seu interior é de resaltar a importancia dunha predela no altar de San Francisco. Preto dela hai un cruceiro con Crucificado e Piedade.

Galería de Imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Osmo

Parroquias de Cenlle

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cenlle

Categoría:Lugares de Cenlle Categoría:Osmo