Chad Channing, nado o 31 de xaneiro de 1967 en Santa Rosa, California, Estados Unidos, foi o batería da banda de grunge Nirvana dende 1988 ata 1990, cando deixou o grupo por diferenzas creativas co resto dos membros. Foi substituído por Dave Grohl.
Channing posteriormente creou unha banda chamada Fireants e tamén tocou noutras bandas como The Methodists, East of the Equator e, máis recentemente, Redband. Na actualidade canta e toca o baixo en Before Cars.
Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Santa Rosa, California