O conxunto baleiro é o conxunto matemático que non ten ningún elemento. Represéntase co símbolo Ø ou simplemente como {}, e cumpre:
Ø={x ∀ x ≠ x}.
Pódese representar tamén como:
Algunhas das súas propiedades son:
Para calquera conxunto A, o conxunto baleiro é un subconxunto de A: {} ⊆ A. Para calquera conxunto A, a unión de A e o conxunto baleiro é A: A ∪ {} = A. Para calquera conxunto A, a intersección de A e o conxunto baleiro é o conxunto baleiro: A ∩ {} = {}. O único subconxunto do conxunto baleiro é o conxunto baleiro. A cardinalidade do conxunto baleiro é cero.
Categoría:Teoría de conxuntos