A Primeira Liga de Iugoslavia, chamada oficialmente Primeira Liga Federal de Fútbol (en serbio: Прва савезна лига у фудбалу / Prva savezna liga u fudbalu, en , en , en , en ), foi a máxima categoría do sistema de ligas de fútbol do Reino de Iugoslavia (1918–1941) e do seu Estado sucesor, a República Federal Socialista de Iugoslavia (1945–1992).
A liga estivo dominada principalmente por clubs serbios e croatas, sendo o Estrela Vermella de Belgrado o equipo máis laureado, con 19 títulos, seguido do Partizan, con 11.
Trala disolución de Iugoslavia, a UEFA recoñeceu como sucesora da Primeira Liga Iugoslava á Primeira Liga da FR de Iugoslavia, da República Federal de Iugoslavia, liga que máis tarde foi renomeada como Primeira Liga de Serbia e Montenegro, e que se disputou ata a súa desaparición en 2006, sendo sucedida á súa vez polas actuais Superliga de Serbia e Primeira División de Montenegro.
Historia miniatura|O Građanski Zagreb, primeiro campión iugoslavo en 1923.
Reino de Iugoslavia (1923-1940) En 1920 a Asociación de Fútbol de Iugoslavia dividiu o territorio do Reino de Iugoslavia (chamado ata 1930 Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos) en cinco subfederacións (Zagreb, Belgrado, Liubliana, Saraxevo e Split), e instounas a iniciar cadanseu campionato de fútbol na primavera de 1920 co obxectivo de disputar no outono un campionato a nivel nacional entre os cinco vencedores. Con todo, rematadas as competicións territoriais, a Asociación non conseguiu organizar o torneo nacional nin nese ano nin nos dous seguintes.
Finalmente o primeiro campionato iugoslavo levouse a cabo en 1923, en formato de copa, isto é, con eliminación directa, con seis participantes, trala inclusión dunha nova subfederación, a de Osijek. O primeiro campión foi o Građanski Zagreb. En 1927 pasou a disputarse en formato de liga, fórmula que se continuou usando nos seguintes anos coa excepción das tempadas 1931/32 e 1935/36.
Foi organizada durante os primeiros anos pola Asociación de Fútbol de Iugoslavia con nome en croata (Nogometni Savez Jugoslavije), fundada en abril de 1919 en Zagreb, ata que a finais de 1929 xurdiron desacordos entre as sucursais da asociación de Zagreb e Belgrado. Isto provocou que a sede da asociación se trasladase a Belgrado en maio de 1930, onde adoptou o nome serbio de Fudbalski Savez Jugoslavije e continuou operando a liga ata que esta quedou suspendida debido ao estalido da segunda guerra mundial. Debido ao traslado da sede, os xogadores e adestradores croatas boicotearon a selección iugoslava. Coa invasión de Iugoslavia por parte do Eixe establecéronse ligas croatas e serbias separadas, que se disputaron durante a guerra.
Entre 1927 e 1940 xogáronse dezasete tempadas do campionato, sendo todos os títulos conquistados por equipos ou ben croatas (Građanski Zagreb, Concordia Zagreb, HAŠK Zagreb e Hajduk Split) ou ben serbios (BSK Belgrado e Jugoslavija Belgrado). Durante esta época non existiu unha segunda división a nivel iugoslavo. Durante a década de 1920 os vencedores de cada subfederación accedían directamente ao campionato nacional, mentres que na seguinte década disputábanse eliminatorias para acceder á liga nacional do ano seguinte. A finais dos anos 30 naceron as federacións de fútbol de Serbia, Croacia e Eslovenia, que pasaron a organizar campionatos propios, cuxos mellores clasificados accedían á liga nacional.
A tempada 1940/41 non chegou a disputarse debido á invasión de Iugoslavia por parte das potencias do Eixe. A invasión tivo como resultado a partición de Iugoslavia entre Alemaña, Italia, Hungría e Bulgaria e a creación do Estado Independente de Croacia.
Durante a guerra (1941-1945) Durante a guerra, disputáronse dúas ligas separadas no antigo territorio do Reino de Iugoslavia: o campionato do Estado Independente de Croacia e o campionato da Serbia ocupada.
Primeira Liga de Iugoslavia (1946-1992) Co final da Segunda guerra mundial e a instauración da República Federal Popular de Iugoslavia volveu organizarse o campionato iugoslavo de fútbol. Xa en 1945 levouse a cabo un torneo de eliminación directa entre os representantes de varias das federacións, así como do Exército Popular Iugoslavo, proclamándose campión o equipo serbio. Ese mesmo ano os clubs disputaron a fase de clasificación para o novo campionato nacional, rebautizado como Primeira Liga, ao que foi invitado ademais un equipo italiano, o Ponziana, coa esperanza por parte do goberno da integración de Trieste en Iugoslavia.
O campionato disputouse dende entón en formato de liga, cun número crecente de clubs participantes ata a tempada 1968/69, cando se xogou entre 18 equipos, número que se mantivo constante en todas as edicións seguintes. Profesionalizouse totalmente en 1967. O Estrela Vermella de Belgrado foi o club máis laureado da competición, sumando 19 títulos e 9 subcampionatos, seguido polo tamén serbio Partizan, con 11. O Hajduk Split é o club croata que máis títulos logrou, con 7, por diante dos 4 do Dinamo Zagreb.
A tempada 1990/91 foi a última que se celebrou no seu formato habitual, participando no campionato clubs de todas as unidades federativas de Iugoslavia. A ruptura do país tamén dividiu a súa liga principal en varias máis pequenas.
Historial
Tempada a tempada +TempadaCampiónSubcampiónTerceiroMáximo goleadorGoles1923Građanski Zagreb (1)SAŠK SarajevoDragan Jovanović (Jugoslavija)41924Jugoslavija (1)Hajduk SplitDragan Jovanović (Jugoslavija)61925Jugoslavija (2)Građanski ZagrebDragan Jovanović (Jugoslavija)41926Građanski Zagreb (2)JugoslavijaDušan Petković (Jugoslavija)41927Hajduk Split (1)BSK BeogradKuzman Sotirović (BSK Beograd)61928Građanski Zagreb (3)Hajduk SplitLjubo Benčić (Hajduk Split)81929Hajduk Split (2)BSK BeogradĐorđe Vujadinović (BSK Beograd)101930Concordia (1)JugoslavijaBlagoje Marjanović (BSK Beograd)101930–31BSK Beograd (1)ConcordiaĐorđe Vujadinović (BSK Beograd)121931–32Concordia (2)Hajduk SplitSvetislav Valjarević (Concordia)101932–33BSK Beograd (2)Hajduk SplitVladimir Kragić (Hajduk Split)21Non disputada (1933-1934)1934–35BSK Beograd (3)JugoslavijaLeo Lemešić (Hajduk Split)181935–36BSK Beograd (4)Slavija SarajevoBlagoje Marjanović (BSK Beograd)51936–37Građanski Zagreb (4)Hajduk SplitBlagoje Marjanović (BSK Beograd)211937–38HAŠK Zagreb (1)BSK BeogradAugust Lešnik (Građanski Zagreb)171938–39BSK Beograd (5)Građanski ZagrebAugust Lešnik (Građanski Zagreb)221939–40Građanski Zagreb (5)BSK BeogradSvetislav Glišović (BSK Beograd)10Non disputada debido á Segunda guerra mundial1945SR Serbia (1)JNASR CroatiaStjepan Bobek (JNA)81946–47Partizan (1)Dinamo ZagrebEstrela VermellaFranjo Wölfl (Dinamo Zagreb)281947–48Dinamo Zagreb (1)Hajduk SplitPartizanFranjo Wölfl (Dinamo Zagreb)221948–49Partizan (2)Estrela VermellaHajduk SplitFrane Matošić (Hajduk Split)171950Hajduk Split (1)Estrela VermellaPartizanMarko Valok (Partizan)171951Estrela Vermella (1)Dinamo ZagrebHajduk SplitKosta Tomašević (Estrela Vermella)161952Hajduk Split (2)Estrela VermellaLokomotivaStanoje Jocić (BSK Beograd)131952–53Estrela Vermella (2)Hajduk SplitPartizanTodor Živanović (Estrela Vermella)171953–54Dinamo Zagreb (2)PartizanEstrela VermellaStjepan Bobek (Partizan)211954–55Hajduk Split (3)BSK BeogradDinamo ZagrebPredrag Marković (BSK Beograd)Kosta Tomašević (Spartak Subotica)Bernard Vukas (Hajduk Split)201955–56Estrela Vermella (3)PartizanRadnički BeogradMuhamed Mujić (Velež Mostar)Tihomir Ognjanov (Spartak Subotica)Todor Veselinović (Vojvodina)211956–57Estrela Vermella (4)VojvodinaHajduk SplitTodor Veselinović (Vojvodina)281957–58Dinamo Zagreb (3)PartizanRadnički BeogradTodor Veselinović (Vojvodina)191958–59Estrela Vermella (5)PartizanVojvodinaBora Kostić (Estrela Vermella)251959–60Estrela Vermella (6)Dinamo ZagrebPartizanBora Kostić (Estrela Vermella)191960–61Partizan (3)Estrela VermellaHajduk SplitZoran Prljinčević (Radnički Beograd)Todor Veselinović (Vojvodina)161961–62Partizan (4)VojvodinaDinamo ZagrebDražan Jerković (Dinamo Zagreb)161962–63Partizan (5)Dinamo ZagrebŽeljezničarMišo Smajlović (Željezničar)181963–64Estrela Vermella (7)OFK BeogradDinamo ZagrebAsim Ferhatović (FK Sarajevo)191964–65Partizan (6)FK SarajevoEstrela VermellaZlatko Dračić (NK Zagreb)231965–66Vojvodina (1)Dinamo ZagrebVelež MostarPetar Nadoveza (Hajduk Split)211966–67FK Sarajevo (1)Dinamo ZagrebPartizanMustafa Hasanagić (Partizan)181967–68Estrela Vermella (8)PartizanDinamo ZagrebSlobodan Santrač (OFK Beograd)221968–69Estrela Vermella (9)Dinamo ZagrebPartizanVojin Lazarević (Estrela Vermella)221969–70Estrela Vermella (10)PartizanVelež MostarSlobodan Santrač (OFK Beograd)Dušan Bajević (Velež Mostar)201970–71Hajduk Split (4)ŽeljezničarDinamo ZagrebPetar Nadoveza (Hajduk Split)Božo Janković (Željezničar)201971–72Željezničar (1)Estrela VermellaOFK BeogradSlobodan Santrač (OFK Beograd)331972–73Estrela Vermella (11)Velež MostarOFK BeogradSlobodan Santrač (OFK Beograd)Vojin Lazarević (Estrela Vermella)251973–74Hajduk Split (5)Velež MostarEstrela VermellaDanilo Popivoda (Olimpija Ljubljana)171974–75Hajduk Split (6)VojvodinaEstrela VermellaDušan Savić (Estrela Vermella)Boško Đorđević (Partizan)201975–76Partizan (7)Hajduk SplitDinamo ZagrebNenad Bjeković (Partizan)241976–77Estrela Vermella (12)Dinamo ZagrebSloboda TuzlaZoran Filipović (Estrela Vermella)211977–78Partizan (8)Estrela VermellaHajduk SplitRadomir Savić (FK Sarajevo)211978–79Hajduk Split (7)Dinamo ZagrebEstrela VermellaDušan Savić (Estrela Vermella)241979–80Estrela Vermella (13)FK SarajevoRadnički NišSafet Sušić (FK Sarajevo)Dragoljub Kostić (Napredak Kruševac)171980–81Estrela Vermella (14)Hajduk SplitRadnički NišMilan Radović (Rijeka)261981–82Dinamo Zagreb (4)Estrela VermellaHajduk SplitSnješko Cerin (Dinamo Zagreb)191982–83Partizan (9)Hajduk SplitDinamo ZagrebSulejman Halilović (Dinamo Vinkovci)181983–84Estrela Vermella (15)PartizanŽeljezničarDarko Pančev (Vardar)191984–85FK Sarajevo (2)Hajduk SplitPartizanZlatko Vujović (Hajduk Split)251985–86Partizan (10)Estrela VermellaVelež MostarDavor Čop (Dinamo Vinkovci)201986–87Partizan (11)Velež MostarEstrela VermellaRadmilo Mihajlović (Željezničar)231987–88Estrela Vermella (16)PartizanVelež MostarDuško Milinković (Rad)161988–89Vojvodina (2)Estrela VermellaHajduk SplitDavor Šuker (Osijek)181989–90Estrela Vermella (17)Dinamo ZagrebHajduk SplitDarko Pančev (Estrela Vermella)251990–91Estrela Vermella (18)Dinamo ZagrebPartizanDarko Pančev (Estrela Vermella)341991–92Estrela Vermella (19)PartizanVojvodinaDarko Pančev (Estrela Vermella)25
Títulos por club +ClubTítulosTempadasEstrela Vermella191951, 1952–53, 1955–56, 1956–57, 1958–59, 1959–60, 1963–64, 1967–68, 1968–69, 1969–70, 1969–70, 71–71–7, 7–7, 8–7 1980–81, 1983–84, 1987–88, 1989–90, 1990–91, 1991–92Partizan111946–47, 1948–49, 1960–61, 1961–62, 1962–63, 1964–65, 1975–76, 1977–78, 1982–83, 1985–1986, 1985–1976Hajduk Split91927, 1929, 1950, 1952, 1954–55, 1970–71, 1973–74, 1974–75, 1978–79OFK Beograd51931, 1933, 1935, 1936, 1939Građanski Zagreb51923, 1926, 1928, 1937, 1940Dinamo Zagreb41948, 1954, 1958, 1982Jugoslavija21924, 1925Concordia21930, 1932Sarajevo21967, 1985Vojvodina21966, 1989HAŠK11938Željezničar11972 Títulos por república República Títulos Clubs Serbia 39 Estrela Vermella, Partizan, OFK Beograd, Jugoslavija, Vojvodina Croacia 21 Hajduk Split, Građanski Zagreb, Dinamo Zagreb, Concordia, HAŠK Bosnia e Hercegovina 3 Sarajevo, Željezničar Macedonia 0 – Montenegro 0 – Eslovenia 0 –
Clasificación histórica da Primeira Liga de Iugoslava Só os 12 primeiros clubs.