José Luis Baños de Cos, nado en Xerez da Fronteira en 1977, é escritor de teatro en lingua galega e novela en lingua castelá.

Traxectoria Licenciouse en Dereito e Antropoloxía Social e tamén fixo estudos sobre teatro social e teatro do oprimido. Residente en Galicia, despois de vivir en Cataluña.

É autor de O faiado, da compañía Ó Cubo Teatro, A espera, de Titereficcións, e de Suit(e) up, de Fanfarra Teatro.

Publicacións Teatro en galego Asfixia (2020). Difusora de Letras, Artes e Ideas. ISBN 9788492958535. A cámara escura (2021). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 72 páxs. ISBN 978-84-9151-583-8. Nas nubes (2023). A Coruña: Baía Ed. col. Barriga Verde. 41 páxs. ISBN 9788499954288. Lume (2023). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 72 páxs. ISBN 978-84-1176-022-5. A porta. Un relato de violencia (2024). Edicións Positivas. 56 páxs. ISBN 9788412805581. Segunda morte (2024). Edicións Fervenza. 68 páxs. ISBN 978-84-19840-31-8.Edicións Fervenza A letra pequena das cousas (2025). Vigo: Galaxia. 96 páxs. ISBN 978-84-1176-467-4. Teatro infantil. Khôra (2026). Vigo: Galaxia. Colección Teatro. 92 páxs. ISBN 978-84-1176-617-3.

Teatro en castelán El niño que se escondía dentro de una caja de galletas (2023). Assistej España. ISBN 9788412300314 La vida interior de los seres planta (2024). Ediciones Antígona. ISBN: 978-84- 10060-25-8

Novela en galego Fóra de xogo (2024). Vigo: Galaxia, col. Árbore. 132 páxs. ISBN 978-84-1176-210-6.

Novela en castelán

El anuncio (2006). Miradas donde flotan icebergs (2008).

Poesía en galego

Khôra (2026). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-1176-617-3.

Premios 2018: Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle por O círculo. 2019: A pegada de Microteatro, convocada por ESAD Galicia por Cheas de Bestas. 2019: XIV Premio Abrente da MIT de Ribadavia por Asfixia: "é unha peza áxil, irónica, con humor ácido, que funciona como metáfora da presión vital. Unha obra con distintas capas na recepción, que vai dende o anecdótico ata outros niveis de profundidade". 2020: Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño por A cámara escura. 2021: XXX Concurso de textos teatrales dirigidos a público infantil de la Escuela Navarra de Teatro y el Ayuntamiento de Pamplona por El niño que se escondía dentro de una caja de galletas. 2021: Premio de teatro Varela Buxán por Segunda morte. O xurado destacou a complexidade da estrutura dramática e o tratamento temático da inmigración, "cunha poética particular, tecida con imaxes cheas de simbolismo". 2022: V Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño por Lume: "ao ser unha obra moi acaída pola temática e pola linguaxe empregada para a súa representación ou lectura nos centros de ensino secundario". Aborda diversas violencias sociais como a homofobia ou o machismo. 2022: XVI Premio Barriga Verde para textos de monicreques, na modalidade de adultos por Nas nubes. 2023: II Premio Exeria de proxectos de creación literaria . 2023: I Certame Internacional de Textos Teatrais Orlando Hernández Martín por La vida interior de los seres planta. 2023: VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro por Fóra de xogo. 2024: VI Premio Laudamuco para textos teatrais por A porta. Un relato de violencia. 2024: Concurso de Textos Teatrais “Morales Martínez” por La letra pequeña de las cosas. 2026: Primeiro Premio Castelao de Textos Teatrais por Khora.

Notas

Categoría:Nados en Xerez da Fronteira Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades sen imaxes