Carl (ou Karl) Ludwig von Reichenbach, nado en Stuttgart o 19 de xaneiro de 1869, e finado o 19 de xaneiro de 1869 en Leipzig, foi un químico, xeólogo, metalúrxico, naturalista, industrial e filósofo, e membro da Academia de Ciencias de Prusia, que é máis coñecido polos seus descubrimentos de varios produtos químicos de importancia económica, extraídos do alcatrán, como a eupiona, a parafina cerosa, o pitacal (a primeira tintura sintética) e o fenol (un antiséptico). Tamén dedicou os seus últimos anos a investigar un campo da enerxía non probado daquela, que combina a electricidade, o magnetismo e a calor, emanado de todos os seres vivos, ao que chamou forza ódica.Reichenbach, Karl. En The New American Cyclopedia, 1863.

Traxectoria Vida Reichenbach, á idade de 16 anos concibiu a idea de establecer un novo estado alemán nunha das illas dos Mares do Sur e, durante cinco anos, dedicouse a este proxecto.

Estudou na Universidade de Tubinga, onde obtivo o grao de Doutor en Filosofía. Posteriormente, dirixiu a súa atención á aplicación da ciencia ás artes industriais, visitou fábricas de varios tipos, e metalúrxicas en Francia e Alemaña, e estableceu a súa primeira empresa metalúrxica moderna, con forxas propias en Villingen e Hausach, na rexión da Selva Negra, no sur de Alemaña e, máis tarde, en Baden, na Baixa Saxonia, preto de Bremen.

Contribucións científicas

Reichenbach realizou investigacións científicas orixinais en moitas áreas. A primeira monografía xeolóxica que apareceu en Austria foi a súa Geologische Mitteilungen aus Mähren (Viena, 1834).

A súa posición como xefe das grandes fábricas químicas, fornos de ferro e talleres de máquinas da gran propiedade do conde Hugo garantiulle excelentes oportunidades para realizar investigacións experimentais a grande escala. De 1830 a 1834 investigou produtos complexos da destilación de substancias orgánicas como o alcatrán de hulla e de madeira, descubrindo unha serie de valiosos compostos de hidrocarburos, entre eles a creosota, a parafina, o eupione e o fenol (antisépticos), o pitacal e o cidreret (colorantes sintéticos), o picamar (unha base de perfume), o assamar, o capnomor e outros. Baixo o nome de eupione, Reichenbach incluíu a mestura de aceites de hidrocarburos que agora se coñecen como aceites de parafina cerosa ou de carbón. No seu artigo no que se describe a substancia, publicado por primeira vez no Neues Jahrbuch der Chemie und Physik, detívose na importancia económica desta e das súas parafinas asociadas, sempre que se establezan os métodos para separalas de forma barata dos compostos betuminosos naturais.

O magnetismo terrestre Reichenbach ampliou o traballo de científicos anteriores, como Galileo Galilei, quen cría que o eixe da Terra estaba conectado magneticamente a unha forza central universal no espazo, ao concluír que o magnetismo terrestre provén do ferro magnético, que se pode atopar nos meteoritos. O seu razoamento foi que os meteoritos e os planetas son iguais, e non importa o tamaño do meteorito, a existencia polar pódese atopar no obxecto. Isto foi considerado concluínte pola comunidade científica no século XIX.

A forza ódica

En 1839 Von Reichenbach retirouse da industria e entrou nunha investigación sobre a patoloxía do sistema nervioso humano. Estudou a neurastenia, o somnambulismo, a histeria e a fobia, acreditando informes de que estas condicións estaban afectadas pola Lúa. Despois de entrevistar a moitos pacientes, descartou moitas causas e curas, pero concluíu que tales enfermidades tendían a afectar a persoas cuxas facultades sensoriais eran infrecuentemente vivas. A estes chamou "sensíbeis".Odic-Magnetic Letters - 1859. archive.org. New York: C. Blanchard, 1860.

Influído polos traballos de Franz Anton Mesmer formulou a hipótese de que a condición podía verse afectada polo electromagnetismo ambiental, pero finalmente as súas investigacións levárono a propoñer unha nova forza imponderábel liagda ao magnetismo, que pensaba que era unha emanación da maioría das substancias, unha especie de "principio de vida" que impregna e conecta todos os seres vivos. A esta manifestación vitalista deulle o nome de forza ódica.Gerry Vassilatos (2000): Lost Science. Adventures Unlimited Press. ISBN 978-0-9328-1375-6.

Algunhas publicacións Das Kreosot: ein neuentdeckter Bestandtheil des gemeinen Rauches, des Holzessigs und aller Arten von Theer. 1833 Geologische Mitteilungen aus Marhen. 1834 Die Dynamide des Magnetismus. 1840 Physikalisch-physiologische Untersuchungen über die Dynamide des Magnetismus, der Elektrizität, der Wärme, des Lichtes, der Krystallisation, des Chemismus in ihren Beziehungen zur Lebenskraft. Tomo 1 + tomo 2. Braunschweig, 1850 Odisch-Magnetische Briefe. Stuttgart 1852, 1856; Ulm 1955 Der sensitive Mensch und sein Verhalten zum Ode. Stuttgart e Tibinga (tomo 1 1854 + tomo 2, 1855 Odische Erweiterungen. 1856 Köhierglaube und Afterwissenschaft. 1856 Wer ist sensitiv, wer nicht Viena, 1856 Odische Erwiederungen an die Herren Professoren Fortlage, Schleiden, Fechner und Hofrath Carus Viena, 1856 Die Pflanzenwelt in ihren Beziehungen zur Sensitivität und zum Ode Viena, 1858 Odische Begebenheiten zu Berlin in den Jahren 1861 und 1862 Berlín, 1862 Aphorismen über Sensibilität und Od. Viena, 1866 Die Odische Lohe und einige Bewegungserscheinungen als neuentdeckte Formen des odischen Princips in der Natur Viena, 1867

Honores Epónimos (Apiaceae) Cnidium reichenbachii Huter ex Nyman.Consp. Fl. Eur. Suppl¡. 2 (1): 140. 1889 (IK).</ref> ​ (Asteraceae) Centaurea reichenbachii Hayek.<ref>Denkschr. Kaiserl. Akad. Wiss., Wien. Math.-Naturwiss.`` Kl. lxx. 714. 1901.​ (Cyperaceae) Carex reichenbachii Kük.Pflanzenr. (Engler) Cyperac.-Caricoid. 138. 1909 (IK).</ref>

Abreviaturas A abreviatura C.Rchb. úsase para indicar a como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.C.Rchb. – Carl (Karl) Ludwig von Reichenbach (1788-1869) no IPNI.

A abreviatura Reichenbach emprégase para recoñecer a como autotridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Mineralogische Schau und Lehrsammlung in Tübingen Estudos de Magnetismo, Electricidade, Calor e Luz nas súas relacións coas Forzas Vitais. Cornell University. Artigo de Freiherr Ritter Karl von Reichenbach , en Polytechnisches Journal

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Inventores de Alemaña Categoría:Químicos de Alemaña Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Tubinga Categoría:Nados en Stuttgart Categoría:Nados en 1788 Categoría:Finados en 1869