Álvaro Domínguez Rodríguez-Volta, nado en Pontevedra en 1986, é un escritor e profesor galego.

Traxectoria Historiador da Arte, é profesor de Xeografía e Historia no ensino medio. Publicou relatos nos portais dixitais Amateurs Hotel e The Barcelona Review. Foi un dos finalistas do premio Cosecha Eñe 2017. Cursou o Máster de Edición Universidade Autónoma de Madrid-Taller de Libros e traballou no mundo editorial como lector de manuscritos, corrector, tradutor e tamén en prensa. En 2022 gañou o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta coa obra Cristais rotos.

Obras Veintitantos problemas, 2017.

Obras colectivas Lo que no se dice. Dos Bigotes, 2014.

Recoñecementos Premio Tandaia 2017 por Veintitantos problemas. Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta 2022 por Cristais rotos 2026: Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil, por Ensino para místicas. Notas

Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Nados en Pontevedra

Categoría:Nados en 1986