dereita|miniatura|Vista aérea de Busan Busan (/buˈsan/; en coreano: 부산 [pusʰa̠n]), oficialmente Cidade Metropolitana de Busan, é, despois de Seúl, a segunda cidade máis poboada de Corea do Sur, cunha poboación de máis de 3,3 millóns de habitantes segundo datos de 2024. Antigamente romanizada coma Pusan, é o centro económico, cultural e educativo do sueste do país, sendo o seu porto o máis activo de Corea do Sur, así coma o sexto máis activo do mundo.
Sitúase no extremo sueste da península coreana a beira do Mar do Xapón na entrada norte do Estreito de Corea. É un importante centro económico, cultural e educativo do sur da península de Corea, e conta co porto con maior tráfico do país e o noveno do mundo, que se atopa a só 190 km das illas xaponesas de Kyushu e Honshu. A "Área Económica do Sueste" (que inclúe Ulsan e Gyeongsang do Sur) é a meirande área industrial de Corea do Sur.
Historia Véxase Historia de Busan
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Busan
Categoría:Busan