Antonio José Orejuela Rivero, nado en Madrid o 2 de decembro de 1960, é un exfutbolista español que xogaba como centrocampista.
Destacou especialmente no Mallorca e no Atlético de Madrid e disputou máis de 350 partidos como profesional, a maioría deles na Primeira División.
Traxectoria Nacido en Madrid, aos seis anos emigrou cos seus pais a Alemaña. Comezou a súa carreira como futbolista nas filas do FSV Frankfurt, da segunda división. Regresou en 1983 ao seu país natal, onde fichou pola UD Salamanca, da Primeira División. Debutou nun partido ante Osasuna e foi o máximo goleador do Salamanca na tempada 1983/84, na que o equipo acabou descendendo.
A continuación pasou ao Mallorca, de Segunda División, club no que militou durante catro campañas, ascendendo na segunda delas á Primeira División. Xogou un total de 187 partidos co club balear, co que marcou 23 goles. Deixou o equipo tralo descenso a Segunda ao remate da tempada 1987/88,
Na campaña 1988/89 fichou polo Atlético de Madrid. Disputou 70 partidos nas súas dúas primeiras tempadas, pero as lesións afectárono nas tres seguintes, nas que contabilizou só 21 partidos. Gañou co equipo dúas Copas do Rei consecutivas, en 1991 e 1992, sendo titular na primeira das finais, contra un dos seus antigos equipos, o Mallorca.
Na tempada 1993/94 vestiu a camiseta Rayo Vallecano, sen poder evitar o descenso a Segunda. Posteriormente pasou brevemente polo Granada e viviu unha segunda etapa no Mallorca, antes de pechar a súa carreira no Atlético Baleares en 1997.
Vida persoal É curmán dos tamén exfutbolistas de Primeira División Diego e Jesús Orejuela.
Palmarés Atlético de Madrid
Copa do Rei (2): 1990/91, 1991/92.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Datos do xogador en fussballdaten.de .
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1960 Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21