Amador Iglesias Pardo, coñecido como Ferrenchín, nado en Viveiro cara a 1919, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 6 de setembro. Xulgado por auxilio á rebelión na causa 212/36 foi condenado a 12 anos de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937.BOP Lugo, 4-10-1943, p. 4. Preso no cárcere de Lugo, saíu en liberdade provisional o 20 de agosto de 1940.BOE, 27-10-1941, p. 8368-8369. Incorporouse á III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi procesado en 1949 polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo na causa 339/49 xunto con Plácido Rivera Cociña, Modesto Serantes, Jesús Iglesias Escourido e Juan Casabella.Requisitorias, El Progreso, 13-11-1949, p. 2. Publicouse unha nova requisitoria contra eles en abril de 1950.El Progreso, 21-4-1950, p. 2. Detido e xulgado, foi condenado a prisión. Preso na Colonia Penitenciaria del Dueso (Santoña), saíu en liberdade provisional en 1959.BOE, 17-4-1959, p. 5771. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1919