A carga dos xinetes indios (en ) é un filme estadounidense do oeste de 1953 dirixido por Gordon Douglas. Estreouse orixinalmente en 3D con moitas frechas, lanzas e outras armas voando directamente sobre o público en varias escenas. O filme é notable por ser a orixe do "berro Wilhelm", un efecto de son empregado na serie de filmes A guerra das galaxias, así como moitas outros filmes como Indiana Jones, debuxos de Disney e os filmes de The Lord of the Rings. En febreiro de 2018 anunciouse que Star Wars xa non usaría o berro Wilhelm. O deseñador de son Ben Burtt foi quen lle deu o nome polo "Pvt. Wilhelm", un personaxe menor no filme que emite o famoso berro despois de ser alcanzado por unha frecha (aínda que a gravación realmente se orixinou na película de Gary Cooper Distant Drums en 1951). Cando o filme se proxectou na Segunda Exposición Mundial 3-D no Egyptian Theatre de Hollywood en 2006, gran parte do público experto no cinema rompeu en aplausos cando o soldado Wilhelm berrou.
Estreouse en galego o 3 de agosto de 2006 a través da TVG.La Voz de Galicia, 3 de agosto de 2006. Páx. 58
Personaxes Guy Madison como Miles Archer Frank Lovejoy como Sarxento Charlie Baker Helen Westcott como Anne McKeever Vera Miles como Jennie McKeever Dick Wesson como Soldado Cullen Onslow Stevens como Grover Johnson Steve Brodie como Soldado Ryan Ron Hagerthy como Johnny McKeever Fay Roope como Tenente Coronel Kilrain Neville Brand como Soldado Morgan Henry Kulky como Soldado Smiley Lane Chandler como Soldado Zebulan Poinsett Fred Carson como xefe Thunder Hawk James Brown como Soldado Connors Ralph Brooks como Soldado Wilhelm (voz dos berros de Sheb Wooley)
Notas
Categoría:Filmes de 1953 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gordon Douglas Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes con banda sonora de Max Steiner Categoría:Filmes de 1953 con versión en galego