Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2020 tiña 1.374 habitantes (1.863 no 2006, 1.901 no 2005, 1.934 no 2004, 1.997 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é .

Xeografía Situación O concello, de 60,21 km², abrangue seis parroquias. Limita ó norte con Baños de Molgas, ó sur con Sandiás, ó leste con Vilar de Barrio e Sarreaus, e ó oeste con Allariz e Paderne de Allariz.

Hidrografía O municipio está atravesado polo río Arnoia. No Baniño hai augas termais que nacen a 18 °C, e no Porteiro están a poza de Santa Lucía e a poza do Malladoiro.

Demografía

Padrón municipal 2020 Habitantes Homes Mulleres Menores de 15 anos 95 (6,91 %) 45 50 Entre 16 e 64 anos 677 (49,27 %) 373 304 Maiores de 65 anos 602 (43,81 %) 277 325 Total 1.374 695 679

Fonte: IGE e INE.

Historia Hai restos megalíticos. Da cultura castrexa consérvanse os poboados de Cerdeira e A Medorra. Trala romanización de Galicia construíuse a Vía Nova (vía XVIII no itinerario de Antonino) entre Braga e Astorga que atravesaba a zona. Dela consérvase un miliario, trasladado a carón da casa consistorial.

Segundo a tradición, no século IV apareceuse a Virxe María nunha xunqueira (de onde procedería o nome a poboación), e no lugar construíuse unha ermida. Entre os séculos VIII e X naceu o Mosteiro de Santa María, e en 1164, por orde do rei Fernando II de León, comezou a construírse a colexiata de Santa María a Real, de arquitectura románica, declarada Ben de Interese Cultural en 1931. Foi no século XII, co mosteiro estivo a cargo da Orde de Santo Agostiño, cando acadou o seu maior esplendor. O claustro actual é do século XVI.

A calzada romana deu pé a unha variante da Vía da Prata do Camiño de Santiago, que entra no concello pola aldea de Bobadela parroquia de Bobadela a Pinta) e percorre os lugares de Padroso, Cima de Vila (parroquia da Abeleda), Quintela, Xunqueira de Ambía (na rúa Asdrúbal Ferreiro hai un albergue de peregrinos de 24 prazas)Albergue de peregrinos de Xunqueira de Ambía en Turgalicia., San Xillao (parroquia de Xunqueira de Ambía), A Pousa, Salgueiros e Os Casares (parroquia de Armariz). En 1541 o prior do mosteiro, Alonso de Piña, fundou un hospital de peregrinos.

Patrimonio Amais da xa mencionada colexiata, en Salgueiros hai un peto de ánimas de comezos do s. XIX.Peto de Ánimas de Salgueiros en Turgalicia.

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares de Xunqueira de Ambía Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xunqueira de Ambía vexa: Lugares de Xunqueira de Ambía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía . Historia y arte de Xunqueira de Ambía, 2004, 144 p., ISBN 978-84-609-1514-0 Ligazóns externas www.xunqueiradeambia.org

Categoría:Xunqueira de Ambía