Joan Prim i Prats, nado en Reus o 6 de decembro de 1814Giménez y Guited, 1871, p. 8 e finado en Madrid o 30 de decembro de 1870, conde de Reus, marqués de los Castillejos, Grande de España de primeira clase e vizconde del Bruch, foi un militar e político progresista catalán que influíu de xeito importante na política española da segunda metade do século XIX.
Foi gobernador militar de Barcelona (1843), capitán xeneral de Porto Rico (1847) e presidente do Consello de Ministros de España entre 1869 e 1870, tras gañar as eleccións de 1869. Foi o principal apoio de Amadeu I de Savoia, até que foi asasinado.
miniatura|Joan Prim i Prats.
Traxectoria Fillo do notario de Reus, Pau Prim, que fora tenente coronel no exército. Tivo como mestre na escola a Alexandre Garcia. Aos 19 anos, alistouse nos "Tiradores de Isabel II", un corpo franco de miqueletes, voluntarios que suplían a falta de tropas regulares, e aos que dera nome o seu primeiro xefe, un valenciano chamado Miquelot. Os miqueletes foran disolvidos na paz de Ryswick pero en Cataluña conservaron este nome os fusileiros de montaña e os corpos improvisados en tempos de guerra ou axitación, e foi nestes corpos, en pleno alzamento carlista, onde se alistou Prim e onde mostrou unhas dotes de valor e temeridade relevantes.
Guerras carlistas Polas súas vitorias sobre partidas carlistas, durante a primeira guerra carlista, foi ascendido a tenente.
Á fronte dunha compañía tomou Vilamajó del Vallés defendida por forzas carlistas superiores, e resultou ferido. Novas accións vitoriosas elevárono a capitán. A toma de San Miguel de Sarradell onde capturou persoalmente a bandeira do cuarto batallón carlista de Cataluña, fixo que se lle concedera a Cruz de San Fernando de primeira clase. Seguidamente asaltou Solsona e logrou escalar persoalmente ao forte abrindo as portas, acción pola que foi ascendido a comandante.
Seguiron novas mostras de valor extraordinario que eran obxecto de comentario en todo o país; os seus propios soldados aclamábano. Por unha acción extraordinaria en Angers foi ascendido a maior de batallón e encargóuselle o mando na zona de liña de Solsona - Castellvell, pola cal pasaban convois de aprovisionamento carlista. Nos combates perdeu varias veces o cabalo e el mesmo resultou ferido varias veces, gañando outra cruz de San Fernando e o grao de coronel.
Con só 26 anos o seu nome xa era un símbolo de valor; entón rematou a guerra, na cal tomara parte de 35 accións, conseguindo todos os graos no campo de batalla.
Vida política miniatura|280px|dereita|Monumento a Prim na cidade de Reus. Tras o Motín da Granxa de San Ildefonso os constitucionalistas dividíronse en conservadores e progresistas. Estes últimos, dirixidos por José María Calatrava e Juan Álvarez Mendizábal, contaron pronto coa unión de Prim. Presentouse a deputado pola provincia de Tarragona e obtivo un escano (1841). Como xa se conseguira a paz cos carlistas, os corpos de voluntarios foron disolvidos e dubidábase que se lle recoñecesen os graos a Prim, pero o seu inmenso prestixio, superior ao de calquera outro contemporáneo, e a acta de deputado, facilitaron que fose confirmado como coronel e o rexente Baldomero Espartero nomeouno subinspector de Carabineiros de Andalucía.
Neste posto conseguiu evitar que os conservadores ao mando de Ramón María Narváez e partidarios de devolver a rexencia e María Cristina de Borbón, puideran entrar en España por Xibraltar, e aínda que Leopoldo O'Donnell, outro dos líderes conservadores, entrou no norte até Pamplona, tivo que retirarse.
Porén Prim desamigouse con Espartero e o seu goberno, aos que acusou de favorecer os tecidos ingleses co fin de arruinar a industria téxtil catalá e ter máis sometido o territorio catalán. En 1843 encabezou a sublevación armada de Reus con Milans del Bosch, e tras a sublevación de Barcelona entra nesa cidade e forma unha milicia de voluntarios cataláns cos cales marcha a Madrid, onde entra co xeneral Serrano, Prim foi nomeado gobernador militar da capital e volve a Barcelona para poñer fin ao enfrontamento da Xunta da cidade co goberno español. Pola súa actuación a raíña concedeulle os títulos de conde de Reus e vizconde de Bruch, ao ano seguinte ascendeu a xeneral, politicamente discrepa do goberno moderado de Narváez, acusado de conspiración foi xulgado e condenado. Malia que foi indultado, en 1845 sae fóra de España, Prim dirixiuse a París onde tivo unha entrevista cunha sociedade secreta de militares desterrados fundada recentemente, chamada Orde Militar Española, baixo o liderado de Leopoldo O'Donnell e na que figuraban Narváez e outros, e crese que acordaron cooperar para derrocar a Espartero, e aínda que ao seu regreso foi detido en Perpiñán, foi liberado marchando á súa cidade natal, Reus.
En Porto Rico Narváez dimitiu por desacordos co príncipe consorte e tras un breve goberno de Istúriz formou goberno Joaquín María Pacheco que lle concedeu a amnistía. O ministro da Guerra, Fernando Fernández de Córdova, amigo de Prim, nomeouno capitán xeneral de Porto Rico en 1847, onde reprimiu as rebelións de escravos e promulgou o Código Negro.
Enfrontouse ás autoridade locais da illa debido aos intentos de Prim de atraer novos colonos e pola súa actitude na represión do bandoleirismo, así capturou ao xefe guerrilleiro coñecido como "El Águila" a quen liberou coa promesa de someterse, pero nada máis de ser liberado intentou mostrar que podía con Prim roubándolle o seu cabalo; Prim capturouno de novo e mandouno fusilar. Un suposto ataque de negros de Martinica contra unha das Antillas Danesas foi repelido grazas ao auxilio de Prim. Soamente exerceu o cargo uns meses ao ser substituído polo goberno o 14 de xullo de 1848, regresando a España.
Deputado Nas eleccións de 1850 Prim presentouse candidato por varios distritos electorais cataláns, sendo elixido polo de Vic. Pero as Cortes foron disolvidas e convocáronse outras novas eleccións para o 31 de maio de 1851. Prim volveu a presentarse por Vic, pero o goberno, incómodo coa súa posición parlamentaria, nomeouno de novo capitán xeneral de Porto Rico, cargo que aceptou, e que se anularía tras as eleccións. Prim quedaba pois, sen escano e sen cargo. Pero un deputado progresista obtivera escanos por dous distritos, e deixaba libre un deles en Barcelona, ofrecendo apoiar a Prim para obtelo no seu lugar. Dende que Prim reprimiu a rebelión de Jamancia, non gozaba de simpatía en Barcelona, pero prometeu rectificar os seus erros, ser o "campión do liberalismo progresista", defender os dereitos cataláns, e "erixirse máximo defensor das liberdades cidadás"; o pobo creuno e foi elixido, cumprindo despois a palabra dada ao golpear cos seus discursos de gran talento ao goberno, sen deixar pasar ningunha das inxustizas que se cometían en Cataluña.
Cando o ministerio de Juan Bravo Murillo disolveu as Cortes e comezou a gobernar por decreto, houbo certos movementos militares; por iso, o goberno, que o consideraba sospeitoso, obrigou a Prim a saír do país durante un tempo. Estando en Francia houbo novas eleccións, e aínda que a Prim se lle autorizou o regreso cinco días antes, o xeneral foi elixido por Barcelona, encabezando a oposición no Parlamento, pero este foi disolvido novamente pouco despois e Prim saíu de España cara a Francia (1853).
En Turquía Estando en Turquía iniciouse a guerra de Crimea e Prim pediu ser delegado español observador na fronte turca, petición que lle foi concedida. No mesmo 1853 desembarcou en Constantinopla e estivo como observador entre outras accións, no ataque á illa de Totorkan, aconsellando alí con grande acerto a colocación da artillaría. En 1854 regresou a Francia temporalmente, volvendo seguidamente á fronte turca. O sultán concedeulle a condecoración de Medjidie e un sabre de honra.
Volta a España e os problemas políticos Estando en Roulschouck coñeceu a nova do vitorioso pronunciamento liberal en España (a Vicalvarada) e regresou apresuradamente. O'Donnell e Espartero chegaran a un acordo de colaboración para exercer o poder, pero ningún desexaba favorecer a Prim quen decidiu presentarse como candidato para as Cortes Constituíntes por Barcelona, eleccións que se celebraron o 8 de novembro de 1854, e comprendendo que os demócratas eran unha forza en ascenso, recolleu nas súas promesas algunhas das súas aspiracións xunto ás dos liberais progresistas. Prim foi elixido pero tivo escasa intervención nas Cortes, onde destacaba a oratoria de Emilio Castelar, e finalmente renunciou para ocupar a Capitanía Xeneral de Granada coa praza anexa de Melilla, que estaba sendo periodicamente atacada polos rifeños. Prim desprazouse á cidade e venceu os rifeños en Cabererizas. En 1856 ascendeu a tenente xeneral cesando pouco despois como capitán xeneral da armada, cando O'Donnell chegou ao poder en substitución de Espartero, o cal foi defendido pola Milicia Nacional ao mando de Pascual Madoz, que foi derrotada e disolvida. Pero O'Donnell pronto foi obrigado a dimitir e a raíña volveu a chamar a Narváez de quen esperaba que revogase a lei de desamortización de bens eclesiásticos votada polas Cortes Constituíntes, como efectivamente fixo.
As críticas de Prim a Narváez motivaron a súa detención, acusado de faltar á honra do militar, o consello de guerra demorouse para evitar que se presentara ás novas eleccións. Pouco antes destas, foi condenado a seis meses de castigo, pena que cumpriu en Alacant e que lle foi conmutada por desterro na cidade baixo palabra de non intentar fuxir. A pesar de non poder facer campaña foi elixido por unha maioría esmagadora polo distrito de Reus. Non puido tomar posesión, e pasados os seis meses, o goberno concedeulle licenza para trasladarse a Vichy (Francia). Narváez caía pouco despois e tras dous breves gobernos volveu ao poder O'Donnell, co seu recentemente formado partido Unión Liberal no cal se integrou Prim, deixando temporalmente o Partido Progresista, e polo que foi designado senador.
Por esta época deuse a cuestión mexicana; había certas reclamacións españolas pendentes dende a independencia e producíranse algúns incidentes que custaron a vida a españois.
En Marrocos miniatura|dereita|250px|Gravado do Xeneral Prim Outra cuestión candente era a das cabilas que ameazaban Ceuta e Melilla, especialmente a de Anyera, que cometeu certos actos hostís en Ceuta. O'Donnell buscaba un inimigo exterior para distraer a atención dos problemas interiores, e aproveitouse desta circunstancia. O Sultán de Marrocos achegouse a dar satisfaccións, pero a pesar de todo o goberno de O'Donnell declarou a guerra a Marrocos en 1859.
Prim pediu incorporarse á forza expedicionaria e foi nomeado comandante da división de reserva que se estaba formando en Antequera. De alí embarcou cara a Alxeciras e saíu cara a Ceuta á fronte dos seus batallóns e dos voluntarios cataláns. Prim deu entón mostras do seu valor con avances a peito descuberto, en inferioridade numérica, en desvantaxosa posición e con turradas corpo a corpo. Destacan os feitos de armas en Castillejos e Wad Ras. Parece ser que Prim foi extraordinariamente sanguinario en Marrocos até o punto de que durante moitos anos os nenos asustábanse coa frase "Que ven Prim!".
Foi Prim quen decidiu a sorte da batalla de Cabo Negrón. Na Batalla de Tetuán acadou o campamento de Muley Abbas. Tras a sinatura da Paz de Tetuán o 26 de abril de 1860, Prim volveu a España, desembarcando en Alacant, percorrendo o traxecto até Madrid co apoio da multitude. Despois pasou a Cataluña onde o recibimento foi apoteótico. A raíña outorgoulle o marquesado de Castillejos con Grandeza de primeira clase. Pouco despois o goberno nomeouno director do Corpo de Enxeñeiros.
En México