Tamar Novas Pita, nado en Santiago de Compostela o 3 de outubro de 1986, é un actor galego.
Traxectoria A súa familia é de Figueiroa (Arzúa) e Melide. Estudou Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela.
A súa primeira experiencia interpretativa foi no ano 1999, na película A lingua das bolboretas, ás ordes de José Luis Cuerda. Pero o verdadeiro éxito e recoñecemento chegaríalle en 2004, da man de Alejandro Amenábar e a súa película Mar adentro. O seu papel nesta cinta, o de sobriño de Ramón Sampedro, valeulle un Premio Goya ó Mellor Actor Revelación, así coma o premio da Unión de Actores na mesma categoría.
A raíz da popularidade adquirida grazas a Mar adentro fixo un cameo na popular serie Siete Vidas (Telecinco) e máis recentemente fixo outra aparición capitular en Mesa para cinco (La Sexta). Tamén formou parte do elenco principal da primeira temporada da serie da TVG A vida por diante.
En 2008 colaborou nas serie Cuenta Atrás (Cuatro) e La Señora (TVE), participando en varios episodios desta última.
En 2009 rodouse a película Los abrazos rotos, protagonizada por Penélope Cruz e dirixida por Pedro Almodóvar, na que interveu.
En 2010 participou na segunda tempada de Acusados (Telecinco), no papel de Jaime Holgado.
Vida persoal Vive en Madrid desde mediados da década dos 2000.
Desde o ano 2012 é a parella da actriz Belén Cuesta, a quen coñeceu durante a rodaxe de Bandolera.
Filmografía Cine A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999). Como Roque. Mar Adentro (Alejandro Amenábar, 2004). Como Javi. Retrato (Jairo Iglesias, 2005). Como Óscar. Los fantasmas de Goya (Miloš Forman, 2006). Como Aprendiz 1. Una mujer invisible (Gerardo Herrero, 2007). Como Javier. ¡Maldito bastardo! (Javi Camino, 2008). Como Fonsiño. Los abrazos rotos (Pedro Almodóvar, 2009). Como Diego. A cicatriz branca (Margarita Ledo, 2013). La playa de los ahogados (Gerardo Herrero, 2014). Como Carpinteiro. Elisa e Marcela (Isabel Coixet, 2019). Como Andrés. Quen a ferro mata (Paco Plaza, 2019). Como Mario. El asesino de los caprichos (Gerardo Herrero, 2019). Como Iván Santaolalla. Salta! (Olga Osorio, 2023). Como Óscar. Rondallas (2025), como Xoel
Televisión Fixo A vida por diante (2006-2007). TVG. Como Quique Beiro. La ira (2009). Telefilme - Telecinco. como Julián. Acusados (2010). Telecinco. Como Jaime Holgado. Bandolera (2012). Antena 3. Como Alejandro de la Serna. La memoria del agua (2012). La 1. Como Lucas. Códice (2014). Miniserie TVG. Como Esteban. Carlos, rey emperador (2015-2016). Como Xoán III de Portugal. La zona (2017). Movistar+. Como Ricardo. Fariña (2018). Antena 3. Como Roque. Allí abajo (2018). Antena 3. Como Yago Castro. Alta mar (2019). Netflix. Como Sebastián de la Cuesta. Veneno (2020). Atresmedia. Como Miguel. A desorde que deixas (2020). Netflix. Como Germán. Clanes (2024). Netflix. Como Daniel Padín.
Episódico 7 vidas (2004). Telecinco. Como Adolfo 'Fito'. Mesa para cinco (2006). La Sexta. Como Nacho. La Señora (2008). TVE. Como Fernando. Cuenta atrás (2008). Cuatro. Como Iván Iglesias. El ministerio del tiempo (2017). TVE. Como Gustavo Adolfo Bécquer. Apaches (2017). Antena 3. Como El Flaco.
Premios e nomeamentos Premios Goya Ano Categoría Filme Resultado2004Mellor actor revelaciónMar adentroGañador
Premios da Unión de Actores Ano Categoría Filme Resultado2004Mellor actor revelaciónMar adentroGañador
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2020Mellor interpretación masculina secundariaA desorde que deixasNomeado2023Mellor interpretación masculinaO corpo abertoGañador2024Mellor interpretación masculinaSalta!Gañador
Festival Internacional de Cine de Venecia Ano Categoría Película Resultado2004Copa Volpi ó mellor actorMar adentroCandidato
Festival Internacional de Cine de Cannes Ano Categoría Película Resultado2009Premio de interpretación masculina ó mellor actorLos abrazos rotosCandidato
Notas
Categoría:Actores de Santiago de Compostela Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores infantís de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1986 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista Categoría:Galegos de Madrid