Xan Xosé Jove González e máis coñecido como Xan Xove, nado en Viveiro en 1977, é un gaiteiro, sindicalista e político galego.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Os seus pais aveciñáronse na Coruña cando era un neno e criouse nesa cidade. Diplomado e posteriormente Grao en Traballo Social, como gaiteiro acadou varios premios e formou parte dos Rexumeiros de Elviña-Castro e, con dezaseis anos, en 1993, entrou no recentemente formado Os Papaqueixos e tamén Os Diplomáticos (como colaborador habitual) grupos cos que foi fundador do movemento Bravú. Logo da desaparición do grupo, xa en Barcelona, formou parte do Jarbanzo Negro, posteriormente do grupo Tres Trebóns; actualmente é membro da formación Banda Xangai. Ten colaborado en numerosos traballos de infinidade de bandas tanto galegas como internacionais, como intéprete de diferentes instrumentos.

Participación sindical e política Entre o ano 2001 e o 2013 viviu entre Barcelona e Menorca. En 2007 acadou praza como traballador de Correos, realizando diferentes funcións chegando a Director de Oficina no ano 2010. A nivel sindical foi elixido reiteradamente delegado de persoal pola CXT levando a cabo as labores de presidente do Comité de Empresa de Correos na provincia da Coruña ata 2019.

Activista social dende mozo, declarouse insubmiso ao servizo militar obrigatorio no ano 2000 sendo xulgado por iso; participou en diferentes movementos ecoloxistas e na creación da "Burla Negra" de Nunca Máis. Moi activo no 15M e nas Marchas da Dignidade. Foi membro fundador da Marea Atlántica en 2014, nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 foi nas listas de En Marea pola Coruña sen acadar escano. Así e todo, o 10 de setembro de 2019 tomou posesión como deputado ao substituír a Flora Miranda, na súa andaina como deputado participou nas comisións de Pesca e Marisqueo, Cultura e control da CRTVG.

Nas eleccións municipais de 2023 foi o cabeza de lista da Marea Atlántica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Xan Xove cos Papaqueixos nunha actuación en 1999 no programa Que serán da TVE en Galicia.

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por En Marea Categoría:Gaiteiros de Galicia