María Guardiola Martín, nada en Cáceres o 5 de decembro de 1978 é unha política estremeña do Partido Popular, líder do Partido Popular de Estremadura dende 2022 e candidata ás eleccións autonómicas de Estremadura de 2023.

Traxectoria Licenciouse en administración e dirección de empresas e en ciencias empresariais pola Universidade de Estremadura. Despois traballou durante máis de dúas décadas como funcionaria na Xunta de Estremadura, foi xefa do servizo de atención a maiores da Consellería de Sanidade e Dependencia, xefa da unidade de xestión económica e orzamentaria do Servizo Estremeño de Promoción da Autonomía e Atención á Depedencia e xefa do servizo de xestión orzamentaria da Consellería de Emprego. Foi secretaria xeral de Economía e Facenda en 2012 e de Ciencia e Tecnoloxía na Consellería de Economía, Competitividade e Innovación en 2014

En 2022 Guardiola foi a única candidata que recibiu as sinaturas precisas para optar á dirección do Partido Popular de Estremadura, en substitución de José Antonio Monago que ocupaba o cargo dende 2008 . Foi concelleira na súa cidade natal, onde o seu partido estaba na oposición, e converteuse na primeira muller en liderar un dos dous grandes partidos na autonomía . Apoiouna o entón líder do seu partido Pablo Casado, como parte dunha tendencia a seleccionar políticos municipais para as candidaturas autonómicas, e mantivo ese apoio o sucesor de Casado, Alberto Núñez Feijóo . Fernando Pizarro, o alcalde de Plasencia durante tres mandatos fixo unha campaña entre as bases pero ao se retirar, cando quedaba unha semana para concentrarse na súa reelección nas eleccións municipais, deixou a Guardiola coma única candidata .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a María Guardiola. Badajoz Directo

Categoría:Políticos do PP Categoría:Alumnos da Universidade de Estremadura Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Cáceres Categoría:Políticos de Estremadura Categoría:Concelleiros de España