As dermatofitoses ou tiña son infeccións fúnxicas da pel. As descricións da doenza remóntanse á Idade Antiga.

Síntomas Normalmente producen pel vermella e escamenta, proído e erupcións circulares. A perda de cabelo pode ocorrer na zona afectada. Os síntomas comezan entre 4 e 14 días despois da exposición ao fungo. A condición pode afectar varias áreas da pel ao mesmo tempo.

Causas esquerda|miniatura|Fungo dermatófito A dermatofitose pode ser causada por preto de 40 fungos diferentes. Os máis comúns son os dos xéneros Trichophyton, Microsporum ou Epidermophyton.

Factores de risco Entre os factores de risco están o uso de vestiarios públicos, deportes de contacto como a loita, a sudación excesiva, o contacto con animais, a obesidade e a inmunodeficiencia.

Transmisión As infeccións poden transmitirse por outros animais ou entre persoas. En moitos casos, o diagnóstico baséase na aparencia da pel e os síntomas. O diagnóstico pódese confirmar mediante cultivo microbiolóxico ou observación microscópica dunha mostra de pel.

Prevención A prevención consiste en manter a pel seca, non andar descalzo en lugares públicos e non compartir obxectos persoais.

Tratamento O tratamento normalmente consiste na aplicación de pomadas antifúnxicas como clotrimazol ou miconazol. Cando a enfermidade afecta o coiro cabeludo, poden ser necesarios antifúnxicos orais como o fluconazol.

Prevalencia En todo o mundo, cerca do 20% da poboación está infectada con dermatofitose nun momento dado. As infeccións da ingua son máis comúns nos homes, mentres que as infeccións do corpo e do coiro cabeludo afectan a ambos os sexos por igual. As infeccións do coiro cabeludo son máis comúns en nenos, mentres que as infeccións da ingua son máis comúns entre os anciáns.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Dermatofitoses no Manual Merck Tiña no dicionario galego de termos médicos (páxinas 761 e 762)

Categoría:Enfermidades fúnxicas Categoría:Doenzas da pel