Lucio Virxinio (en ou Lucius Verginius) foi un militar romano que viviu no século V a.C. e formou parte da gens Virxinia.

Traxectoria Era centurión e serviu no exército romano no monte Álgid. Foi advertido por algúns amigos dos plans do decénviro Apio Claudio Craso contra a súa filla Virxinia e volveu a Roma, a pesar do intento de Claudio de arrestalo antes de abandonar o campamento.

Ao día seguinte compareceu no xulgado coa súa filla e pediu a axuda dos seus amigos. Lucio Icilio, o prometido da moza,Tito Livio.2000, p. 288 (Libro III, 47, 7) pediu xustiza. Pero Apio Claudio, que quería satisfacer a súa luxuria, entrou a presidir a corte con arrogancia e rodeado de numerosos clientes. Decretou que a moza fose considerada escrava e levada á súa propia casa, pero cando a quixeron levar, o pobo impediuno. Apio Claudio ordenou aos líctores que expulsasen á xente, e os clientes armados saíron para colaborar na expulsión. Todos se retiraron e deixaron a Virxinio e á súa filla sós diante do xulgado. O pai pediulle ao decénviro que falase con el en privado un momento, e conseguiu retirarse a un lado do Foro, que era onde se celebraba o xuízo. Lucio Virxilio, colleu un coitelo de carniceiro dun dos postos e matou a súa filla dicindo: "Non é posible que te manteña libre". Apio Claudio quixo arrestalo pero a multitude cedeu, correu ata a porta da cidade e refuxiouse no seu campamento.

Tanto o campamento como a cidade levantáronse contra os decénviros,Tito Livio 2000, p. 293 (Libro III, 50, 13) que foron privados do seu poder e restableceuse a antiga forma de goberno. Virxinio foi elixido tribuno da plebe inmediatamente (449 a.C.).Broughton , pp. 48-49 Por orde súa, Apio Claudio foi levado a prisión para agardar o xuízo, pero alí acabou coa súa propia vida para evitar unha morte máis ignominiosa.Smith 1876, p. 1.268

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Decénviros

Categoría:Tribunos da plebe Categoría:Gens Virxinia Categoría:Nados no século -V