Northeastern University (Universidade do Nordeste, NU) alcumada Huskies, é unha universidade de investigación científica, privada e sen ánimo de lucro, situada en Boston, Massachusetts. Ten ademais campus en Charlotte, Carolina do Norte e en Seattle, Washington. Forma parte do Grupo Compostela de Universidades.

Alumnado Conta cuns 16.000 estudantes de graos universitarios e case 8.000 estudantes de posgrao.

Northeastern ten un programa de educación cooperativa que integra o estudo na aula coa experiencia profesional en todo o mundo. No curso 2012-2013 participaron no programa co-op 7.968 alumnos. Northeastern University ten máis de 275,000 exalumnos vivos en máis de 180 países de todo o mundo.

Alumnos destacados Algúns exalumnos distinguidos inclúen a Nikesh Arora, antigo vicepresidente sénior de Google; os xogadores de baloncesto José Juan Barea e Reggie Lewis; o ex CEO de Kodak Jeff Clarke; e actriz de Saturday Night Live, Jane Curtin; a maratoniana Beatie Deutsch; o ex embaixador dos Estados Unidos en Irlanda Richard Egan; a gobernadora de New Hampshire Maggie Hassan; a gobernadora de Massachusetts, Maura Healey; o cofundador de Napster, Shawn Fanning; o cineasta e músico Michael J. Epstein; os músicos Toby Fox, John Geils ou Alan Catello Grazioso; a directora e guionista Courtney Hunt; o astronauta do transbordador espacial Challenger Gregory Jarvis; o profesor de neurocirurxía Elad Levy; Marc Raibert, CEO e fundador de Boston Dynamics; o cofundador de Twitter, Biz Stone; o surfista campión do mundo Shaun Tomson ou a piloto de carreiras profesional Reema Juffali. Historia miniatura| O YMCA de Huntington Avenue arredor de 1920, sede do "Evening Institute for Younger Men" Fundado en 1898 como o "Evening Institute for Younger Men" no YMCA de Huntington Avenue, a primeira clase nocturna celebrouse o 3 de outubro de 1898. A primeira facultade de dereito foi creada ese ano coa axuda dun Comité Asesor, coa Facultade de Dereito da Universidade de Harvard e a Facultade de Dereito da Universidade de Boston, e o xuíz James R. Dunbar. En 1916, o Northeastern College incorporouse legalmente ao sistema universitario. En marzo de 1922, o nome da universidade cambiou de Northeastern College a Northeastern University.

Despois da Segunda guerra mundial, Northeastern comezou a admitir mulleres. A principios dos anos 80, tiña case 60.000 estudantes. A comezos da década dos 90 reducíronse a uns 2.800 alumnos. Actualmente conta con máis de 20.000 Estrutura Northeastern está categorizada como RU/H Research University (alta actividade de investigación) pola Carnegie Classification of Institutions of Higher Education. En 2011, Northeastern abriu o Instituto de Investigación George J. Kostas para a Seguridade Nacional. O seu orzamento é de 616,6 millóns de dólares.30 de xuño de 2013.

Facultades e escolas Os centros enumerados inclúen escolas, facultades e títulos ofrecidos:

Facultade de Artes, Medios e Deseño (BA, BFA, BS, MS, MA, MPA, PhD ) Escola de Arquitectura Escola de Xornalismo D'Amore-McKim School of Business (BSBA, BSIB, MBA, MS) Escola de Emprendemento Tecnolóxico ( MS ) Facultade de Informática e Ciencias da Información Facultade de Enxeñaría (BS, MS, PhD ) Departamento de Bioenxeñaría Departamento de Enxeñaría Química Departamento de Enxeñaría Civil e Ambiental Departamento de Enxeñaría Eléctrica e Informática Departamento de Enxeñaría Mecánica e Industrial Facultade de Ciencias da Saúde Bouvé College (BS, MS, Pharm. D, PhD) A Escola de Enfermaría (BS, MS, MPH, DPT, Au.D ) Facultade de Farmacia (Pharm. D, MS, BS, PhD) Facultade de Estudos Profesionais (AS, BA, BS, MA, MS, M.Ed, Ed.D., LP.D ) Escola de Educación Centro de lingua inglesa Escola do Instituto Lowell World Languages Center Facultade de Ciencias Departamento de Bioloxía Departamento de Química e Bioloxía Química Departamento de Ciencias do Mar e do Medio Ambiente Departamento de Matemáticas Departamento de Física Departamento de Psicoloxía Facultade de Ciencias Sociais e Humanidades Escola de Criminoloxía e Xustiza Penal ( BS, MS, PhD ) Escola de Políticas Públicas e Asuntos Urbanos Departamento de Dereito e Políticas Públicas (MS, PhD ) Facultade de Dereito ( JD )

Investigación Os centros e institutos de investigación do nordeste inclúen:

Advanced Scientific Computation Center Sterilization Anti–microbial Discovery Center Barnett Institute of Chemical and Biological Analysis Bernard M. Gordon Center for Subsurface Sensing and Imaging Systems Brudnick Center on Violence and Conflict Center for High-Rate Nanomanufacturing Center for Communications and Digital Signal Processing Center for Community Health Center for Family Business Center for Microcontamination Control Center for Microwave Magnetic Materials and Integrated Circuits Center for Labor Market Studies Center for Pharmaceutical Biotechnology and Nanomedicine Center for Urban Environmental Studies Center for Urban and Regional Policy Center for Work and Learning Domestic Violence Institute Electronic Materials Research Institute Institute for Complex Scientific Software Institute for Global Innovation Management Institute for Information Assurance Institute for Security and Public Policy in Criminal Justice Institute on Race and Justice Institute on Urban Health Research Marine Science Center National Education and Research Center for Outcomes Assessment in Healthcare New England Inflammation and Tissue Protection Institute Public Health Advocacy Institute Sport in Society (anteriroment el Center for the Study of Sport in Society) STEM Education Center

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Universidades dos Estados Unidos de América Categoría:Boston Categoría:Grupo Compostela de Universidades