miniatura|Un cholet en El Alto, Bolivia. A arquitectura neoandina (en ; en ) é un movemento arquitectónico contemporáneo principalmente situado en El Alto, Bolivia, expresado nos numerosos cholets da cidade (termo orixinado pola combinación das palabras "cholo" e chalé), así como en mansións pequenas e salóns de baile. O arquitecto boliviano Freddy Mamani foi descrito como "o arquitecto máis coñecido" da arquitectura neoandina. Mamani é un enxeñeiro civil que comezou como simple traballador hai dúas décadas e construíu máis de 60 estruturas neoandinas no Alto dende 2005.
A historiadora da arquitectura Elisabetta Andreoli describiu o estilo, representado en máis de 100 estruturas ao longo do horizonte de El Alto, como neoandino. Paola Flores sinalou que "a maioría [das estruturas neoandinas] foron construídas dende que o presidente Evo Morales, un aimará que foi o primeiro líder indíxena do país, asumiu o cargo en 2006. A súa aparición coincide cun modesto pulo económico unido a un aumento do orgullo aimará.
O termo utilizouse por primeira vez nunha revista de arquitectura para facer referencia ao estilo do edificio da embaixada dos Estados Unidos en Lima, no Perú por Arquitectonica en 1996, e foi descrito como unha inspiración "bastante literal" na historia peruana, modelando a base do edificio sobre as estruturas das antigas cidades de Cuzco e Machu Picchu."
É unha construción coas características dun edificio de 3 a 7 niveis destinados a usos comerciais ou vivendas e na última planta é construído un chalé. O cholet é xeralmente habitado polo propietario do inmoble.
Acollida En xeral, a arquitectura neoandina foi recibida con eloxios dos residentes en El Alto. Paola Flores sinala que os Alteños, ou veciños do Alto, "están en xeral satisfeitos coa súa contribución á arquitectura moderna", sinalando un veciño que afirmou "'Para min, é como un berro que di: "Aquí estamos! Isto é o que somos!" e outro que remarcou "Son unha muller aimara, orgullosa da miña cultura, feliz e chea de cor. Entón, por que a miña casa non debería mostrar o que son?". Os edificios apareceron en Héroes del Brillo de Frederico Estol, unha colección de fotografía sobre os milleiros de limpabotas da Paz e El Alto.
Os edificios foron descritos como "futurista" e "funky" por persoas alleas á cultura andina. En particular, varios fixeron comparacións co lendario artista de banda deseñada Jack Kirby, e moitos chegaron á conclusión de que Kirby, tamén influenciado pola arquitectura e os patróns de América do Sur, e Mamani tiran das mesmas influencias.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Freddy Mamani Cholet (arquitectura)
Bibliografía La arquitectura de Freddy Mamani Silvestre de Elisabetta Andreoli e Ligia D'Andrea (A Paz: El Alto, 2013)
Ligazóns externas Coñece o “cholet”, a mansión dos novos ricos bolivianos Consultado o 21 de xuño de 2014
Categoría:Arquitectura de Bolivia Categoría:Estilos arquitectónicos